O CONCELLO INVESTIRÁ MÁIS DE 67.000 EUROS EN DOUS CURSOS DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS.
Burela, 13 de julio de 2012. O Concello investirá máis de 67.000 euros en dous cursos de formación para desempregados gracias á Xunta de Galicia, segundo anuncia a Concellería de Emprego.
José Casas relatou que “a Xunta concedéulle ao centro de formación ocupacional do Concello de Burela dous cursos de formación para desempregados, que deberán estar realizados antes de finais deste 2012”.
Un dos cursos é de auxiliar de enfermería en xeriatría, terá 318 horas lectivas a impartir en 71 días. Éste conta cun orzamento de 37.709,39 euros. O outro curso é de atención especializada para enfermos de alzheimer. Serán 268 horas lectivas en 60 días. O presuposto é de 29.796,12 euros. Cada curso ofertará 15 prazas.
O concelleiro de Emprego sinalou que “para o equipo de goberno é unha constante preocupación a formación que lles poidamos ofrecer aos desempregados de Burela. Faremos todo o que estea nas nosas mans neste sentido”

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



