Cuberta a metade das prazas para navegar de balde nos veleiros que participarán na III Peregrinación Marítima
– Mañá rematará o prazo para participar gratis na 3ª edición desta iniciativa, podendo reservar aínda unha das derradeiras localidades no 982-13-36-09 e nauticofoz@gmail.com
– Ducias de persoas poderán navegarán nun máximo de 20 veleiros, sumándose ás reivindicacións da Deputación e do Club Náutico de Foz pola mellora das instalacións portuarias, o mar lucense e o Camiño da Costa para xerar riqueza na Mariña
En só dous días, cubriuse a metade das prazas dispoñibles para participar de balde na III Peregrinación Marítima de Cruceiros pola Costa de Lugo, que terá lugar este sábado 28 de xullo na Mariña. Un total de 20 persoas xa solicitaron navegar gratis nun dos veleiros que participará na 3ª edición desta iniciativa coa que a Deputación e o Club Náutico de Foz reivindican a mellora das instalacións portuarias, o mar lucense e o Camiño da Costa con fin de impulsar a economía da provincia. O prazo de inscrición para viaxar gratis nesta andanza remata mañá, polo que os interesados poden facerse cunha das últimas prazas, poñéndose en contacto co Club Náutico de Foz ben chamando ó teléfono 982-13-36-09 entre as 17:00 e as 20:00 horas, ou enviando un email a nauticofoz@gmail.com e dando os seus datos.
A participación tamén é libre e gratuíta para os veleiros que queiran estar presentes nesta peregrinación. Ata o momento, 14 navíos procedentes de Xixón e Luanco, ademais de Ribadeo, Viveiro e Foz, xa formularon a súa solicitude. Hai que ter en conta que, tamén neste caso, a cota de prazas é limitada a 20. Isto é debido ás características das instalacións do porto de Foz de pequenas dimensións. As persoas interesadas en levar os seus veleiros teñen que descargar o formulario correspondente en www.cnfoz.es para logo remitilo, coa fotocopia do seguro de embarcación, a nauticofoz@gmail.com ou ó fax 982-13-36-09.
Evento reivindicativo
O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, o focense José Ramón Val Alonso, liderará este evento turístico–deportivo co que a institución lucense, en colaboración co Club Náutico de Foz, aproveita os recursos naturais e as alternativas de ocio na provincia, para impulsar a economía lucense e reivindicar a mellora das instalacións portuarias, o mar lucense e o Camiño da Costa. Val Alonso subliñou que “coa terceira edición da Peregrinación Marítima, queremos facer fincapé na imprescindible mellora das instalacións portuarias lucenses para xerar riqueza nunha provincia con máis de 100 quilómetros de costa coma Lugo. Temos que ter en conta que o turismo náutico é unha actividade con moitas oportunidades económicas, xerando ó ano preto de 250 millóns de euros e dando emprego a case 2.300 persoas en costas como a de Baleares. Lugo atópase unha situación única xa que ó carón da nosa costa, concretamente pola Estaca de Bares, discorre o tráfico marítimo de Europa. Nembargantes, as nosas instalacións portuarias non son suficientes”.
O porto de Ribadeo, con bandeira azul e Q de calidade, é de difícil ampliación. Na actualidade está cuberto ó 100%, ó igual que acontece co porto deportivo de Viveiro, habendo centos de embarcacións á espera dun amarre. Pola contra, as instalacións de Foz, situadas nunha cidade con ampla proxección turística, son de pequenas dimensións, ó igual cas de Burela e San Cibrao, pero con posibilidade de ampliación. “Por este motivo, demandamos á Xunta de Galicia, administración con plenas competencias na materia, que execute o proxecto de mellora do porto focense, unha iniciativa coa que se comprometeu pero que nunca realizou a pesares das reiteradas reclamacións do Club Náutico de Foz, a Confradía de Pescadores ou desta Deputación”, remarcou o Deputado.
Portos de Galicia prometeu dragar o canal e as dársenas do peirao deportivo de Foz e ata chegou a anunciar un investimento de 300.000 euros para estes traballos. Malia e isto, o departamento do Goberno galego pospuxo estas actuacións en varias ocasións, situándoas agora no horizonte do 2013. Neste senso, o Presidente do club mariñán, Francisco Fernández Rego, indicou que “é fundamental, polo menos, dragar de xeito inmediato as dúas dársenas para que as embarcacións entren ó porto de Foz xa que hoxe non ten calado suficiente e estas apoian non solo”, ó tempo que salientou o “caracter reivindicativo desta peregrinación e o potenciar do turismo náutico na Mariña”, remarcando a “necesidade de mellorar as instalacións focenses canto antes”.
Desenvolvemento do evento
A III Peregrinación Marítima terá lugar o sábado, 28 de xullo, coa saída das embarcacións dende os principais portos deportivos da provincia: as do oeste dende Viveiro e as do este dende Ribadeo. A flota do oeste partirá ás 10:30 horas dende o porto de Viveiro e ás 13:30 farano os veleiros da zona este dende Ribadeo. No primeiro dos casos, deberán pasar entre as 12:45 e as 13:30 horas a carón da boia situada nos Farallóns de San Cibrao, e entre as 14:45 e as 16:00 horas pola afincada fronte á praia de Arealonga e punta Fazouro. Pola súa banda, os navíos que saian de Ribadeo terán que transcorrer pola boia de Illa Pancha entre as 14:00 e as 15:00 horas, e pasar o segundo control fronte ás praias de San Cosme e Punta Promontorio. Unha hora máis tarde, as 16:00 horas, dende o Porto Chico partirán nunha “zodiac” os inscritos para navegar gratis nun dos veleiros para desplazalos ás embarcacións.
Unha concentración de embarcacións fronte á Ría de Foz, á altura da praia da Rapadoira, unha vez que cheguen todos os veleiros, será a que dará paso, ás 17:00 horas, o comezo da regata. Esta rematará sobre as 19:30 horas, momento de entrada dos veleiros no porto de Foz. Finalmente, ás 21:00 horas no CENIMA, todos os participantes serán agasallados con diversos obsequios institucionais. Ademais, os primeiros tres clasificados da regata recibirán trofeos conmemorativos. O domingo, día 29 de xullo, as embarcacións sairán ás 12:00 horas cara ós seus portos de destino.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



