A festa do ovo frito agarda repartir máis de 1.000 racións na súa sétima edición
-A cita será o 14 de agosto a partir das 20:30 horas na praza do Souto
Cervo, 1 de agosto de 2012-A festa do ovo frito, que se celebra todos os anos na praza do Souto de Cervo, chega á súa sétima edición. Esta cita gastronómica terá lugar o 14 de agosto a partir das 20:30 horas e forma parte do programa de eventos das festas patronais de Cervo na honra da Nosa Señora, San Roque e o Carme. O alcalde de Cervo, Alfonso Villares e a edil de Cultura, Begoña Alonso, reuníronse con varios membros da Sociedade Deportiva Cervo Sargadelos para perfilar a colaboración do Concello con esta celebración.
A festa consiste na degustación de racións que inclúen dous ovos fritidos, patacas, chourizo e pan, que son preparadas na mesma praza no momento da festa. Preto de 20 persoas traballarán ese día cociñando e repartindo as racións. O ano pasado servíronse unhas 1.100 racións, e a organización agarda que este ano se manteña o nivel de afluencia e de consumicións.
A edil de Cultura asegurou que a festa do ovo frito “es una tradición en Cervo”. Segundo Alonso “estamos hablando de una fiesta que exalta un plato básico y casi universal que sigue atrayendo a cientos de personas, pero es precisamente su sencillez lo que lo hace tan especial”. Para a delegada de Cultura, “el éxito de la fiesta también radica en sacar un plato tan típico a la calle, para ser degustado en compañía y en un ambiente festivo”.
Alonso aproveitou a ocasión para agradecer á directiva que manteña unha festa coma esta, “que nació como una idea entre amigos y ha terminado siendo una cita ineludible”. A edil recoñeceu a “dedicación de la directiva y de los miembros de la entidad en la organización de esta cita gastronómica” e agradeceu tamén a esas preto de 20 persoas que estarán cociñando e servindo na praza do Souto “para que la fiesta sea una realidad y todos podamos gozar de ella”.
“Los mares de la Maruxaina” de Urbano García pódese ver na Casa da Cultura de San Ciprián
-A exposición consta de 25 cadros, a maioría con escenas reais da vila de San Ciprián e o seu litoral
Cervo, 1 de agosto de 2012-O porto, as praias, o paseo ou a ría de San Ciprián son algúns dos lugares que se poden contemplar nos cadros do artista Urbano García, que dende hoxe se poden visitar na Casa da Cultura da vila. A mostra titúlase “Los mares de la Maruxaina”, e está composta por 25 cadros, a maioría de pintura ao óleo e de técnica realista que están baseados en fotografías tomadas polo mesmo autor en San Ciprián nas súas numerosas viaxes a esta vila cervense.
Esta é a segunda vez que Urbano García expón os seus traballos na Casa da Cultura. O ano pasado, este artista asturiano exhibira unha exposición de pinturas de paisaxes mariños e costeiros. Nesta ocasión mantense a temática, pero a meirande parte dos cadros son de nova creación. Entre as 25 pinturas cabe destacar unha serie de 10 cadros que comparten unha temática moi específica: as barcas e os barcos da costa cervense.
Urbano García é un artista autodidacta que ten a arte da pintura como unha afección. Nesta ocasión, o pintor quixo aproveitar a proximidade das festas da Maruxaina para amosar as súas creacións, vinculadas directamente co mar e coa propia serea que, segundo a lenda, habita nas illas dos Farillós. Incluso nun dos seus cadros podemos ver representado este personaxe, metade muller, metade peixe.
Para a edil de Cultura, Begoña Alonso, “no podría ser más apropiada la llegada de esta exposición sobre el litoral de San Ciprián en estas semanas previas a las fiestas de la Maruxaina”. Alonso asegura que o título da exposición, “Los mares de la Maruxaina”, di moito do que se pode atopar o visitante. “La Maruxaina habita en nuestra costa, preside nuestras playas, y nuestro litoral no se entiende sin esta figura. Urbano García ha sabido captar esa relación tan estrecha que existe entre San Ciprián, el mar y la Maruxaina, y lo ha transmitido en sus cuadros”.
“Estamos muy satisfechos de poder contar con sus obras precisamente en estas fechas en las que el mar y la Maruxaina tienen tanto protagonismo” e, por suposto, “animar a veciños e visitantes a pasar pola Casa da Cultura para contemplar nuestro litoral inmortalizado a través de los trazos de Urbano”. A mostra pódese visitar ata o 15 de agosto na Casa da Cultura de San Ciprián de luns a sábado en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 17:00 a 20:00 horas.









Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



