A empresa de biomasa que pretende instalarse en Mondoñedo abrirá unha oficina na localidade en setembro
A plataforma Mondoñedo Unido que aglutina a práctica totalidade de asociacións culturais, deportivas, veciñais e empresariais dos Concellos de Mondoñedo e Lourenzá continúa en contacto coa empresa Eogal Bioenerxía para seguir o proceso de instalación dunha planta de biomasa no municipio. A empresa informou aos representantes da plataforma que ten intención de abrir unha oficina en Mondoñedo no vindeiro mes de setembro que servirá de ?base loxística dos distintos técnicos que acometerán o proxecto así como de punto de recollida de currículums para o proceso de selección de persoal que se levará a cabo?, tal e como indicaron representantes de Eogal Bioenerxía.
Esta empresa mantén tamén contactos coas comunidades de montes da contorna para establecer convenios de suministración de materia prima para a planta de biomasa, ?Algunhas destas conversas xa están moi avanzadas?, segundo comentan responsables de Eogal Bioenerxía.
A finais do mes de semtembro ou comezos de outubro, Mondoñedo Unido celebrará unha asamblea na que ademais de informar aos representantes das asociacións dos trámites de instalación da planta de biomasa como a visita realizada recentemente a unha planta de biomasa en Tineo, tamén se tratarán cuestións relativas á promoción comercial, empresarial e turística dos municipios.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



