UN NOVO CAMPO MULTIDEPORTIVO EN XOVE
O Concello de Xove acaba de por en marcha unha nova instalación lúdico-deportiva; trátase do novo CAMPO MULTIDEPORTIVO que se acaba de construir no interior do Parque Municipal de Xove, ubicado no entorno do Centro Cívico.
A decisión de contruir esta instalación veu motivada polo propio uso desa zona do parque, xa que os nenos/as e rapaces/as de Xove xa viñan utilizando ese espacio para actividades deportivas. Visto isto, dende o Concello abriuse a posibilidade de ordenar esa zona, primeiro para favorecer o seu uso deportivo, e segundo para evitar molestias aos demáis usuarios do parque. Ao acotar esa parcela, os usuarios van ver mellorado moito esa área, polo que as súas prácticas lúdico-deportivas van ser mellores e máis intensas.
Baloncesto, fútbol sala, tenis, voley, etc., van poder ser practicados nesta nova instalación, dunha forma totalmente libre xa que, inda que se trata dunha instalación vallada, dispón dun acceso libre e permanente, xa que non ten portas de peche.
Esta instalación prefireuse construir con herba artificial e non con cemento, xa que deste xeito se respeta o entorno e suelo natural do parque, que na súa maioría e herba.
Aproveitando a súa apertura ao público, o Alcalde Demetrio Salgueiro e a Concelleira de Deportes Cristina Iglesias, realizaron unha visita hoxe pola mañá á instalación.
A obra, denominada “Acondicionamento de Área no Parque Infantil de Xove”, contou cun orzamento total de 25.834´92 €uros, dos cales o Concello aportou o 30% (7.750´48 €uros), sendo o resto 70% (18.084´44 €uros) fondos alleos, concretamente aportados pola Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional. Neste sentido, o Alcalde sinalou a súa gratitude á Consellería pola participación neste proxecto, que sen dúbida vai facer moi felices aos nenos/as e rapaces/as de Xove, e a todos aqueles que visiten o noso principal parque público.






















López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
