PRESENTAN UN PROXECTO NA DEFENSA DOS LAVADOIROS DE BARREIROS
-Será o Domingo 19 ás 19h, no Canteiro, en San Pedro de Benquerencia.
-Durante o acto presentaráse un documental e un estudo sobre o estado dos lavadoiros do concello.
A plataforma cidadá Máis Talento e Menos Cemento, en colaboración coa Asociación Cultural Ollomao, presentará este domingo o resultado dun proxecto iniciado hai máis dun ano e que pretende chamar a atención sobre o valor patrimonial e cultural dos lavadoiros do concello, e ao tempo denunciar o precario estado de conservación no que se atopan a maioría deles.
O acto consistirá na estrea do documental “Lavadoiros de Barreiros”, realizado por Laly López con guión de Comba Campoy, no que dúas veciñas de San Miguel de Reinante van desgranando as súas lembranzas dos momentos vividos arredor do feito de ir lavar ao río. Os lavadoiros, como construción civil, supuxeron no seu momento unha mellora para as mulleres que os usaban, xa que facilitaban unha postura máis cómoda e, cando estaban cubertos, mantíñanas protexidas do frío e a choiva. Constituían, ademais, un espazo de comunicación para as mulleres, privadas antigamente doutros lugares nos que intercambiar confidencias ou expresarse fóra da casa.
En paralelo á gravación do documental os membros do colectivo realizaron unha investigación sobre a historia dos distintos lavadoiros do concello e o seu actual estado de conservación. O estudo, realizado por Ramón Casas e Loli Docobo, contou coa colaboración de artistas gráficos que foron rexistrando con imaxes o actual estado destas construcións populares, cuxo valor histórico e cultural se pretende defender con este acto.
A presentación do documental, de 20 minutos, e dunha publicación que recolle o estudo realizado, terá lugar o vindeiro domingo 19 ás 19h nas Antigas Escolas do Cascabeiro, no Canteiro, na parroquia barreirense de San Pedro de Benquerencia. A entrada é libre e convídase a todas as veciñas e veciños a participar, especialmente a aquelas que teñan lembranzas arredor dos lavadoiros e que poidan compartilas cos presentes ao longo da merenda-coloquio que terá lugar despois da proxección do video.
























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



