Trala reunión mantida cos patróns maiores das confrarías lucenses, o Grupo Popular dá traslado ás peticións destas corporacións que só reciben 18.000 euros dos máis de 9,5 millóns do Plan Estratéxico de Subvencións
O PP provincial pedirá en pleno un maior protagonismo das confrarías lucenses dentro do Plan Estratéxico de Subvencións da Deputación
A cantidade de 18.000 que a Deputación destina as confrarías só representa un 0,19% do total do Plan Estratéxico de Subvencións, o que non supón unha garantía de apoio ás máis de 1.400 persoas vinculadas ao sector
Tendo en conta as contías das axudas que as outras deputacións outorgan ao fomento pesqueiro e que dobran á lucense, así como as reunións mantidas cos patróns maiores; o Grupo Popular reitera as súas criticas respecto a estas baixas aportacións do organismo lucense á pesca e ao marisqueo, un sector que xerou máis de 120 millóns de euros en 2012
Lugo, 17-08-2012 – O Grupo Provincial do Partido Popular vén de rexistrar unha iniciativa plenaria que se levará a debate o próximo mes de setembro a través da que insta á Deputación provincial de Lugo a que incremente o apoio económico ás confrarías de pescadores de Lugo, que só reciben 18.000 euros dos máis de 9,5 millóns recollidos no Plan Estratéxico de Subvencións.
A portavoz provincial do Partido Popular, Elena Candia, considera totalmente rexeitable que a Deputación de Lugo só destine ás confrarías de pescadores da provincia un 0,19 % do orzamentado para o 2012 no Plan Estratéxico de Subvencións. A través desta moción, o grupo do Partido Popular de Lugo dálle traslado ao pleno do ente lucense a unha demanda do sector pesqueiro e marisqueiro da provincia, e que consensuou o partido cos patróns maiores de Lugo nunha reunión celebrada a pasada semana. Así, o grupo popular propóñenlle ao goberno lucense a articulación dunha convocatoria anual de subvencións enmarcada dentro dun programa de fomento pesqueiro e destinada ás confrarías
A cantidade total de 18.000 euros divídese en subvencións nominativas individuais de 3.000 euros outorgadas á Agrupación de Mariscadoras de San Cosme de Barreiros, así como a cinco das seis confrarías lucenses (Confraría de Pescadores do Vicedo, Confraría de Pescadores Santiago Apostol de Celeiro, Confraría de Pescadores Santa María do Campo de Ribadeo, Confraría de Pescadores de Burela e a Confraría de Pescadores de San Ciprián), quedando sen axuda a Confraría de Foz. Segundo explica a portavoz popular, esta consignación non é garantía para que as institucións fundamentais de vertebración do sector pesqueiro cumpran cos seus obxectivos. Candia explica así mesmo que dos máis de 4,3 millóns do orzamentado para as subvencións nominativas, as confrarías só reciben o 0,41%.
Os populares pretenden que con esta moción o goberno provincial cambie o seu modo de traballo e non desatenda a pesca e ao marisqueo, que xera máis 120 millóns de euros en 2012, cun ascenso dun 34% na facturación dende 2009. Deste xeito, a Mariña representa o 25% en volume económico e o 30% en descargas de Galicia.
Os populares critican a pouca colaboración do organismo provincial coas máis de 1.400 persoas vinculadas directamente á pesca e ao marisqueo lucense, o que, segundo explica Candia, posto en relación co emprego inducido en terra, dá imaxe da importancia sociolaboral que este eido produtivo ten na provincia.
Esta demanda dos populares apoiase tamén na comparativa entre as aportacións que as Deputacións de Pontevedra e A Coruña dirixen ao fomento pesqueiro, duplicando as contías en relacións coas consignadas polo organismo lucense.



















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



