A Asociación “Pasada das Cabras” de Burela asistirá o vindeiro domingo 16 de setembro ao I Encontro sendeirista e cultura “Lucus a Pé” convidados pola Sociedade Micolóxica Lucus de Lugo. Son 18 quilómetros e dificultade baixa. O prezo é de 20 Euros para os socios e 25 para os non socios, inclúe comida máis viaxe. Inscribirse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono: 982 580 504 antes do xoves día 13 de setembro.























O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



