BARREIROS .- O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, di que cumpriu coa súa promesa. O rexedor acaba de sinalar que “como me tiña comprometido e como non podía ser doutra forma con respecto ao parque de bombeiros, eu sempre dixen que no momento no que tivese o informe de Sanidade que era preceptivo para conceder a licencia o ía facer. Non obstante eu sigo insistindo a día de hoxe das deficiencias que pode ter ese parque antes de apertura. E como me comprometerá, hoxe nunha xunta de goberno se concedeu a licencia de apertura ó parque de bombeiros de Barreiros. O informe chegou onte e hoxe se concedeu a licencia de apertura e así é como hai que traballar e así é como o viñen demandando sempre, que cando tivera todos os papeles aquí se concedería a licencia e hoxe ten a licencia concedida o parque na xunta de goberno que celebrou este mediodía”.
Fuente Parga engade que “agora quen ten que traballar é o Consorcio, ten que poñer en marcha parque, dotalo, traer os camións e eso é o que veño demandando eu, basta xa de anuncios e de presentar cousas, hai que traer o persoal, hai que traer os camións e hai que poñer a funcionar o parque e eso é o que hai que facer sen máis. E sigo insistindo, qué falta o acceso aí está a finca do Concello para dar acceso a ese parque si é necesario, qué hai que facer obras de auga para que carguen os camións pois hai que facelas. Agora xa está en mans do Consorcio, se lle comunicará en breve á Deputación a concesión da licencia e que a Deputación tire para adiante xa, que eso era o que queríamos todos”.
Sobre as posibles obras a acometer no parque de bombeiros de Barreiros, o alcalde manifestou que “eso agora está en mans do Consorcio, ou ben o Consorcio ou ben a Deputación si queren facer obras de melloras, accesos, acondicionamento… terá que presentar os documentos necesarios no Concello ou diante de quen sexa. Hai que seguir adiante”.
A COMISIÓN DE GOBERNO CONCEDÉULLE LICENCIA DE APERTURA Ó PARQUE COMARCAL DE BOMBEIROS.
Barreiros, 27 de marzo de 2009. Acaba de rematar no Concello de Barreiros a comisión de goberno na que se lle concedeu licencia de apertura ó parque comarcal de bombeiros.
Minutos antes de dar comenzo esa xuntanza, o alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, sinalaba que “gracias a todo o que saiu estes días nos medios de comunicación sobre o parque de bombeiros, a Consellería de Sanidade xa emitiu o informe do que estábamos pendentes. Nesta mesma semana viñeron buscar documentación e onte xa se trouxo ese informe que recibimos a última hora do día”. O rexedor dicía que “o que imos facer agora desde o Concello, tal e como veño decindo sempre, é tramitar a licencia de apertura dese edificio. Nós non podíamos seguir os trámites sen ter ese documento, desde onte xa o temos e imos velo cos servizos xurídicos e co arquitecto e si pode ser tratado na comisión de goberno de hoxe será tratado e senón quedará para a vindeira”.
Fuente Parga engadía que “a nosa intención é aperturar o parque de bombeiros canto antes como veño decindo desde o primeiro día, polo tanto nesa situación é na que estamos agora mesmo. Entendemos que o queremos é sacar para adiante canto antes o parque e por eso se suspendeu a rolda de prensa que íamos dar hoxe para poñer enriba da mesa a situación na que estaba o parque e quen era o responsable ata este momento. O Concello agora ten todos os documentos e iniciaremos a súa tramitación… si pode ser na comisión de goberno de hoxe será e senón quedará para a vindeira, pero tratarase evidentemente de forma urxente para que poida ter autorización canto antes ese parque comarcal de bombeiros”.




















José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



