A Asociación de veciños do burgo de Trasbar comezou no mes de setembro un novo curso, cheo de actividades.
Colaboraron coa Comisión de festas na elaboración da alfombra floral, que contiña motivos como a Santa Eufemia; o San Antonio; un rosetón; as uvas o pan e o Cáliz e o logo da asociación. Xuntamos fotos.
Así mesmo, esta fin de semana abrimos de novo o Local Social para todos os veciños que se queiran achegar a parolar, xogar ás cartas, ao parchís… Cambiamos o look do local cun pintado das paredes e coa colocación dunha serie de láminas fotográficas cedidas pola Asociación A Sombriza.
A actividade resumida foi a seguinte:
Fin de semana 15 e 16: Festas de Trasbar. Elaboración da alfombra o sábado
Sábado 22: reapertura do local (novo look)
Domingo 23: Pola mañá, subida ao monte Cabaleiro (Trasbar) e pola tarde, entrega do premio de 500 € ao gañador das rifas vendidas para colaborar coa Comisión de Festas e subida (foto noutro correo)
Actividade próxima:
Mércores 26: excursión á Ribeira Sacra. KM 0
Sábado 29: teatro. Programa Buxiganga.
Domingo 30: Reunión para organización dos campionatos de tute e parchís. Ás 11.30 h no Local Social
Xuntamos resumo.
A Asociación de veciños do burgo de Trasbar co fin de colaborar coa Comisión de Festas na organización das festas da Santa Eufemia, que tiveron lugar os días 15 e 16 de setembro en Trasbar, venderon unhas rifas para o sorteo de 500 euros. A papeleta premiada foi a 0026.
Este domingo, 23 de setembro, ás 10.30 h saímos do Local Social de Trasbar preto de 20 persoas para subir ao Monte Cabaleiro. Puido máis a nosa ilusión que a previsión meteorolóxica e, aínda que no pico ventaba moito, tivemos unha xornada moi agradable e divertida!




















Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.



