UNHA TERRA CON MALA SORTE
Un país ten mala sorte cando nos últimos 100 anos vén sendo gobernado por ditadores, oportunistas, sátrapas, mentireiros e incapaces, e falo das distintas administracións dende o mais arriba ata abaixo. A nosoutros tocounos o premio gordo. Dispomos dun catálogo amplísimo destes especímenes, que cal amebas fagocitan todo o que se move ao seu ao redor e multiplícanse sen cesar, alimentándose opíparamente a conta doutros organismos máis débiles e incautos. O mesmo pasa nesta terra cos políticos. Neste gran teatro, se goberna a esquerda afúndenos na miseria e iguálanos pola alpargata. Vén tras eles a dereita, que ao pretender igualarnos pola gravata queda coas nosas alpargatas e coa prometida gravata. Cal destes elementos unicelulares cerebrais nos convén máis?. A verdade, é que ningún. Cando en pobo non se pode facer unha política xusta en favor dos cidadáns, conviría facer o que en Italia. Elixir a dedo a un/a profesional sensato/a e preparado/a e reordenar “o curral”, evitando que ningún profesional do “trinque”, sexan dos casos que sexan, poidan “meter man” nas “decisións” e nas carteiras de Xan Pobo.
Por estas terras nunca tivemos dunha verdadeira democracia. É máis e se mo permite, non chega a tan sequera corenta anos na súa totalidade, do que dispomos dunha pseudo democracia. Temos a cantidade de políticos máis inútiles de Europa por habitante. E de corruptelas máis ou menos igualada a calquera país suramericano ou de Rusia.
Si isto non funciona con esta “camada” de servidores e pais da patria, habería que substituílos por “xente que sabe, moi ben pagada para que non roube e, cando o país levantemos a cabeza, tanto na súa honra e orgullo ante o mundo, como na súa recuperación económica, entregalo a unha nova xeración de políticos tras unhas eleccións con “listas abertas” e ver se podemos volver á normalidade. Isto, que parece unha bobada propia dun visionario da insua Barataria, fíxose nalgún país de América Latina e actualmente, repito, en Italia. Ou sexa, que podería ocorrer na vida real e en perfecta democracia.
Otero Regal



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



