Presentados equipo Autonómica e Cadete na Festa da Faba 2012
Basket Cadete: Lourenzá Mondoñedo 18, Ensino Lugo 28.
Típico encontro de pretemporada entre dous conxuntos filiais que estarán este ano en Liga Provincial, un equipo o local que nace como o froito da alianza entre as Escolas de Lourenzá e Mondoñedo.
Basket Autonómica:
Lourenzá Ensino 46, Pontumio 39.
Partido de presentación do equipo de 1ª Autonómica Feminina. Boa presencia de pública nas gradas para ver o debut en partido amistoso do Lourenzá Ensino. Non xogaron por lesión Marly Varela nin Marta Lema.
Xogaron e Anotaron:
Rocío Varela (17), Marta García(2), Sabela Uriz(-), Sara Cuiña(3) , Andrea Meilán(-), Tatiana Montenego(3), Marta Fdez(5) , Tamara Montero (11).Laura Castro(5), Nerea Gid(-) Andrea Viador(-).
Boas sensacións transmitíu o equipo que empezou perdendo con un parcial de 0-9 pero que logo encarrilaría a partir do 3º cuarto con diferencias de 10/12 puntos. Destacar que Sara Cuiña enfrentouse por primeira vez ó equipo onde se formou, Pontumio.
Na entrega de trofeo estivo presente Pablo Maseda; concelleiro de deportes do Concello de Lourenzá.






















Estes recitais, protagonizados por músicos da contorna, nunca defraudan. Sen grandes nomes internacionais, pero cunha sensibilidade musical exquisita, ofrecen sempre unha experiencia artística de gran calidade. Por iso, quen asista gozará dunha nova xornada dentro do Programa Adral, que a Xunta de Cofradías promove con tanto entusiasmo.
O Concello destaca a oportunidade que supón para impulsar a hostalaría local e felicita ás persoas galardoadas pola súa contribución á gastronomía asturiana.
Este texto é o froito de varios anos de investigación e convida profesionais da educación, terapeutas e persoas curiosas a descubrir como o traballo coa arxila libera traumas e favorece unha transformación persoal profunda. Ao remate do acto servirase un viño e un pequeno petisco.
A continuación, as persoas que desexen continuar a conversa e compartir un tempo de convivencia poderán anotarse á comida que se celebrará na Casa da Penela.
Pasados dez minutos das 15 horas deste martes, un particular alertou ao 112 Galicia dun coche envorcado fóra da vía en San Martiño de Ferreiros, Pol. Aconteceu no quilómetro 3 da LU-750, e a única persoa implicada permanecía atrapada no interior. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os Bombeiros de Vilalba, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros actuaron para liberar á persoa, que foi evacuada en ambulancia polos profesionais sanitarios desprazados ata o lugar.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
O investigador achegarase a Ribadeo para falar sobre Urraca, considerada por moitos a emperatriz de todos os galegos e galegas. A entidade xa coñece o bo facer de Picallo, pois en anteriores ocasións participou como ilustrador nas presentacións das novelas Ao sur da liberdade e Entre a vontade e o destino, de Xosé Henrique Costas, deixando unha excelente impresión. Nesta ocasión, o público poderá escoitar ao Picallo historiador, que achegará novos datos sobre o reino de Galiza, unha realidade histórica que durante anos permaneceu agochada e que hoxe se recupera grazas a publicacións e investigacións como a súa.
