A expresión “cruzar a liña vermella” fálanos de resistencia, de rebelión, de negarse a aceptar determinadas cousas; suxírenos límites que non se deben traspasar; e recórdanos os atropelos en dereitos sociais e saqueos ao peto que soportan os cidadáns indefensos, sobre quen recaen todos os sacrificios sen participar de ningún festín inmobiliario, nin financeiro.
Como ras que nadan dentro dun caldeiro de auga ao lume sen intentar fuxir, tan só porque a transformación do seu delicioso baño nun inferno fervendo prodúcese de xeito gradual; aprendendo a tolerar a calor ata que é demasiado tarde para escapar e mórrense. Como os alemáns que consentiron que os seus propios veciños xudeus, comunistas, homosexuais, discapacitados-, fosen aniquilados, apartados, sinalados, gaseados, ademais de por medo, descoñecemento ou complicidade, por unha sorte de normalidade regulamentaria, unha rutina clorofórmica que facía levadía unha cotidianidade preñada de monstros, na que funcionaban os transportes públicos, abrían colexios e tendas ou se acudía ao traballo. Tolerando todo, coma se non pasase nada, coma se o corazón non tiritara entre tebras.
E se a desgraza ten o nome propio doutro a min que máis me dá; por que protestar se os demais calan; ou non me interesa porque non afecta aos meus?. Ata que é demasiado tarde. E así nos inmunizamos ante a inxustiza diaria, revelada en todos os niveis, en cada detalle, no público e no privado, desde a cúspide do poder ata o seu mesma base; un charco de negra inxustiza que se estende e derrama, e que nos mancha a pouco que rabuñemos unha realidade social insostible; sobre todo cando asistimos atónitos ás decisións dunha clase política que en lugar de defendernos, atrincheira e ailla, situándose a distancia do resto. A manga ancha para uns poucos, cos seus case inalterables prebendas, abusos, dietas e viaxes; e un xigantesco embude para a maioría, que ve recortarse a diario dereitos, soldos, axudas e liberdade.
As decisión da consellería de Sanidade, de non pagar determinados medicamentos para o tratamento do cancro, de recortar as mamografías , traza unha liña de cor vermella, ancha e ben marcada. A mesma consellería que regala miles de euros cada ano en pluses de produtividade aos directivos do asunto e paga horas extras sen control, ou que emprega millóns de euros en sistemas informáticos ao parecer inaprazables. ¿Pero en mans de quen estamos?
Unha vilanía imperdoable. Unha liña de cor vermella sangue. E a que estes chamados “políticos” nos están facendo aos cidadáns , quizais sexa por que non entenden a diferencia entre súbditos e cidadáns.
Otero Regal


















O venres descubrirase a placa que oficializa o nomeamento da Biblioteca Municipal co seu nome, dentro da iniciativa “Miradas sobre Agustín 2026-2027”, que busca divulgar o legado do escritor e apoiar a súa candidatura ás Letras Galegas de 2028. O programa inclúe unha exposición, a lectura dun manifesto e unha conferencia. O sábado entregarase no Auditorio o IX Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade. Rouco destacou a importancia de visibilizar a figura do autor e convidou a veciñanza a participar nos actos.
As nenas e nenos coñeceron o proceso de moenda e levaron unha mostra de fariña. García destacou a importancia de achegar a realidade do rural á infancia e agradeceu a colaboración das granxas, ANPAS e centros educativos. O Muíño de Coea é unha das novas incorporacións a un programa que este ano inclúe 210 actividades e chega a máis de 6.000 escolares de 74 centros da provincia.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.



