Km0 difunde esta semana a riqueza dos Concellos da Mariña e da Montaña lucense
– Máis de 100 veciños de Pastoriza e Lugo participan hoxe e mañá nos roteiros organizados pola Deputación que os levarán ata os Concellos de Viveiro e Pedrafita do Cebreiro
– Os gañadores das 12 prazas dobres gratuítas sorteadas pola Deputación a través da súa páxina de Facebook gozarán o sábado de variadas actividades na Mariña
Os Concello de Viveiro e Pedrafita do Cebreiro son esta semana os destinos do programa medioambiental Km0, co que a Deputación difunde a riqueza e recursos naturais, culturais e empresariais da provincia entre os propios lucenses. Máis de 100 persoas participarán nas dúas rutas programadas para esta semana, por ser o xoves día de Todos os Santos. De calquera xeito, serán máis de 100 persoas as que participarán nos roteiros, que se desenvolverán hoxe e mañá.
55 membros da Residencia Xeriátrica da Pastoriza foron hoxe os encargados de inaugurar as visitas semanais. Tras ser recibidos por Juan José Díaz Valiño, Deputado de Cooperación e Asistencia ós Concellos, e achegarse a coñecer o Centro de Artesanía e Deseño, os viaxeiros partiron cara a Mariña. O destino elixido foi o Concello de Viveiro, onde visitaron a Igrexa de Sata María do Campo, tras o cal deron un paseo polas rúas do casco histórico da localidade mariñana e rematar a xornada dando un agradable paseo pola contorna da praia de Covas.
O mércores será a quenda de 55 integrantes dun colectivo que gozan da animación sociocultural do Concello de Lugo. Neste caso fará a ruta chamada de Pallozas do Cebreiro. Entre outras actividades, farán a pé un tramo do Camiño de Santigo ó seu paso por Pedrafita, que incluirá unha visita á Igrexa de Santa María e as tradicionais construcións típicas da Montaña lucenses. Tras estas visitas continuarán a ruta que os levará a subir ó cumio do Monte da Cruz..
Gañadores do concurso de Facebook
En canto á programación da fin de semana, o sábado será a quenda dos gañadores do concurso organizado a través da rede social Facebook. A Deputación puxo en marcha un concurso a través da súa páxina de Facebook (https://www.facebook.com/diputacionlugo) entre o 12 e o 31 de xullo, que consistiu no sorteo de 12 prazas dobres totalmente gratuítas para unha ruta Km0. En total foron máis de 150 persoas as que participaron, contribuíndo a dar a coñecer a iniciativa entre todos os seus contactos e tamén a medrar a propia páxina da Deputación, que superou o milleiro de “Me gusta” (fans).
A ruta organizada para os premiados desenvolveranse no Concello de Ribadeo, concretamente en Rinlo. Comezarán pola mañá lanzándose na tirolina e, tras repoñar forzas, gozarán de actividades variadas, tales coma bolas acuáticas, paddle surf, scooters acuáticos ou long skate.
Rutas para todos os públicos
Todos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).
A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa, os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



