Aínda non chegou o Nadal, e a organización do entroido de Foz xa está cargando baterías para o próximo entroido 2013, pois os carteis para presentarse a Raíña ou Rei do entroido local, xa están na rúa.

A Raíña Alba Burundarena cortando a cinta do desfile de 2012, xunto ás damas Marta Veiga e Nair García e a concelleira de cultura, Mercedes González
Tódalas rapazas e rapaces de Foz que desexen ser a Raíña ou Rei do entroido, poden presentarse á elección, para elo deben ter 18 ou máis anos de idade, presentando na Casa da Cultura a seguinte documentación: Datos persoais, dúas ou máis fotos recentes e un texto resumido das razóns que vos levan para querer ser Raíña ou Rei do noso entroido.
Esta documentación deberedes presentala antes do día 10 de decembro na Casa da Cultura en Rúa de Lugo, n.º 1, e para máis información, podedes chamar ó teléfono 982 140 675.
Cabe destacar o baixo que cae este ano o entroido, o desfile de Foz será o día 9 de febreiro, cadrando martes de entroido o día 12.
Organizado pola Delegación de Cultura do Concello de Foz.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



