ENTREGADOS OS PRIMEIROS 300 EUROS DO CAMPAÑAZO DO BINGO DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS DE FOZ.
Foz, 8 de novembro de 2012. Mañá terá lugar o segundo sorteo deste mes de novembro do Campañazo do bingo que organizou ACIA Foz.
O bingo empezará ás once da noite, contará cun premio de 300 euros en vales de compra e será emitido en directo por Radio Foz (107.4 FM). Haberá un único premio de 300 euros ao primeiro campañazo. Si houbese varios bingos o premio será exclusivamente para o primeiro que se comprobe en directo. Só se repartirá o premio si hai máis dun bingo no mesmo local. Os 300 euros en vales de compra do premio deberán gastarse no comercio de Foz ao longo do mes de decembro.
A cafetería Xoyma foi escenario onte pola tarde da entrega dos 300 euros que gañou no sorteo do pasado 2 de novembro a afortunada, unha muller chamada Marisa. Esta focense fíxose coa cartulina premiada nas oficinas de Maphre en Foz e seguiu o Campañazo do bingo desde Xoyma.






















O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



