NOTA DE PRENSA
O GPPP AFIRMA QUE A DEPUTACIÓN NON ASIGNOU FONDOS ESPECÍFICOS PARA PALIAR OS EFECTOS DO “KLAUS”
• O voceiro adxunto José María González Barcia asegura que a Deputación mentiu cando anunciou que se ía crear unha partida orzamentaria nova para tal fin
• Os populares suliñan que os fondos para instalacións e equipamentos culturais e deportivos diminúen con respecto a 2008
Lugo, a 7 de abril de 2009.- O GPPP asegurou que a Deputación non conta con fondos económicos específicos para paliar os efectos causados polo temporal “Klaus”, en contra do manifestado nos medios de comunicación polos responsables da administracións provincial tras a celebración do pleno da pasada semana.
O voceiro adxunto dos populares, José María González Barcia, asegura que o que a Xunta de Goberno aprobou o venres pasado foron as axudas para concellos en materia deportiva e cultural, por un importe global de 525.000’00€, pero que falta por aprobar a contía destinada a asociacións.
Máis concretamente, González Barcia indica que as subvencións a concellos para instalacións municipais será este ano de 125.000’00€, cando en 2008 adicáranse a este concepto 150.000’00€. Ademais, as axudas a concellos para instalacións culturais ascenderán no presente exercicio a 175.000’00€, cando en 2008 foran de 185.000’00€. É decir, os concellos disporán de 35.000’00€ menos en 2009 en comparación co 2008 para estes dous conceptos.
González Barcia explicou tamén que é dentro destas dúas liñas de subvención onde se establecen as axudas para paliar os efectos do temporal nas instalacions deportivas e culturais de competencia municipal, polo que non se crea ningunha partida orzamentaria nova para tal fin e, a maiores, diminúen a súa cuantía con respecto ó ano pasado.
Por eso, o voceiro adxunto dos populares considera que Antón Bao debe dar explicacións inmediatas ós concellos, porque foi a súa área a que remitiu unha carta ós municipios o pasado 27 de xaneiro a efectos de pedir información e “establecer unha liña de axudas” para paliar as consecuencias do temporal. “A realidade, unha vez máis, é que non hai nada de nada, non hai fondos novos e tírase dos xa existentes que estaban destinados a novas actuacións”, puntualizou Barcia.
En opinión do voceiro do GPPP, “a Deputación mentiu e enganou deliberadamente, o que representa un desprecio ós concellos e denota unha total ausencia de respecto institucional”.
Igualmente, Barcia afirmou que o deputado nacionalista Antonio Veiga Otero é un “convidado de pedra porque, unha de dúas, ou non se entera ou non o informan, ou as dúas cousas ó mesmo tempo”. Lembra neste senso o voceiro adxunto popular que Veiga dixo no pleno que a Deputación cumpliría cos concellos e o resultado é radicalmente distinto. “Quen escribe o guión é Bao, e Veiga resulta ser un pésimo actor do mesmo”, engadiu.
Por último, o GPPP consideran que deste xeito a Deputación busca cada vez máis “unha política de subvencións clientelar e caciquil, que desprecia ós concellos e prima a determinados colectivos e asociacións con total ausencia de decoro político e cun afán desmedido de control do tecido asociativo que se traduce en ou aras polo rego que eu marco, ou non hai un euro”.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



