Gómez Besteiro aposta por “unha reforma integral do sistema electoral que dea resposta ás demandas sociais”
– O Presidente da Deputación inaugurou un curso da UNED de Lugo que analiza o actual réxime electoral partindo dos recentes comicios galegos do 21-O
– Unha vintena de universitarios, sobre todo de titulacións de Dereito e Graduado Social, participan nas xornadas, que continuarán os días 20 e 21
– O mandatario provincial avogou por un “debate sosegado, pero efectivo”, que vaia máis alá do “número de escanos a repartir”, e advertiu de que “unha modificación partidista do sistema electoral pode levar consigo graves alteracións na calidade democrática”
O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, inaugurou este martes o curso Análise das eleccións autonómicas galegas do 21 de outubro de 2012, organizado polo Centro Asociado da UNED de Lugo co fin de analizar o actual réxime electoral partindo dun proceso concreto, como son os recentes comicios autonómicos. Na apertura das xornadas, o mandatario provincial apostou por “unha reforma integral do sistema electoral que dea resposta ás necesidades e demandas sociais”. Neste senso, avogou por un “debate sosegado, pero efectivo”, subliñando neste senso que a discusión “non debe centrarse exclusivamente no número de escanos a repartir”. “A árbore da cuestión cuantitativa, por máis que sexa importante, non debe impedir ver o bosque da calidade democrática que soamente un sistema electoral imparcial, e plural pode alcanzar”, asegurou Gómez Besteiro, advertindo, ó mesmo tempo, de que “unha modificación partidista do sistema pode levar consigo graves alteracións na calidade democrática”.
“Eu son dos que pensan que non hai nada que non se poida discutir e mudar, sempre que sexa dende o respecto e co ánimo de mellorar e dar resposta ás demandas sociais. O sistema electoral é perfectible e nas nosas mans está a súa actualización: a aquilatación do número de deputados -sempre que se manteña a representación-; a reforma do Senado; o modelo de elección mediante listas abertas; a fronteira de acceso ós parlamentos; o número de escanos e porcentaxes para a formacións dos grupos parlamentarios, ou mesmo, por qué non dicilo? A reforma das Deputacións”, argumentou o Presidente.
Gómez Besteiro abriu e moderou a primeira sesión do curso da UNED, centrada en dous eixos: o sistema electoral e as eleccións autonómicas galegas entre 1981 e 2012 e o grao de influencia do sistema electoral nos resultados. Xunto ó Presidente, nesta sesión inaugural estiveron a Secretaria do Centro Asociado da UNED de Lugo, Ana Belén Traseira Pena; o director do curso, Fernando Martínez Arribas, doutor en Dereito e profesor titor da UNED; e Anxo Lugilde, doutor en Historia, politólogo e xornalista. Besteiro cualificou esta acción formativa da UNED como “un exercicio esencial para a consecución da debida calidade democrática, ó analizar o sistema electoral que temos e o que deberiamos ter”.
Dúas sesións máis
Unha vintena de alumnos universitarios, fundamentalmente das titulacións de Dereito e Graduado Social, impartidas na sede lucense da Universidade Nacional de Educación a Distancia, participan no curso, que ten unha duración de 10 horas lectivas. Os asistentes obterán 0,5 créditos ECTS e 1 de libre configuración. Trala sesión de hoxe, continuará os días 20 e 21, con conferencias sobre perspectivas de reforma da Lei Electoral; a relación entre electores e representantes; modelos alternativos ó vixente en Galicia; dicotomía entre representatividade e gobernabilidade no marco do sistema parlamentario galego; análise do período electoral, aspectos técnicos do sistema electoral e o posible fin do tripartidismo en Galicia.






















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



