AMIGOS DAS SETAS OS BOLOUROS
O colectivo celebra a XXXIV Semana Micolóxica. No seo da Peña O Lar nacía o grupo, en 1978, impulsado por Constantino Mariño, presidente/fundador, pioneiro na bisbarra en espallar o interese cultural, culinario e económico dos fungos. En 1987 Os Bolouros foron encargados de organizar a IX Semana Galega de Micoloxía o que propiciou a presenza na vila dun feixe de ilustres especialistas de Galicia e Asturias. Antón Patiño. persoeiro singular, de grande cultura, prestixioso libreiro de Vigo, onde presidía “A Zarrota”, así como “Os Lactouros”, de Monforte, presidente da Federación Galega, acudíu a Foz repetidas veces para celebrar xuntanzas e participar en actividades sobre os cogumelos: extrovertido, poeta, pintor, bohemio. De discurso grandilocuente, elegante na presenza e nos modais, non volvéramos a vernos dende os días de Os Bolouros aínda que a nosa amizade, por razóns profesionais, era anterior. O reencontro foi o día 1º de setembro de 2004, na carballeira de Santa Isabel de Outeiro de Rei, no enterro do poeta Manuel María, en momento moi emotivo: entre a numerosa asistencia , có cadaleito ós pés da Virxe, da que se tiña declarado “moi parcial” e mentres os seus amigos da Banda de Sober interpretaban a “Negra Sombra”.Ó remate achegouse a nós un home, cangado polos anos, que portaba na man un caxato con artística empuñadura. Ante a nosa indeferenza pola súa presenza, díxonos: “Ti non eres o Suso de Foz?” -“De momento, sí”- “Eu redactei os Estatutos de Os Bolouros…” ¡¡”Patiño.!!, exclamamos. Pasado un tempo visitámolo en Vigo, pero saímos tristeiros do encontro: o home perdera a vitalidade que o distinguía, a expresiva mímica que prodigaba e a cor das meixelas. O 7 de xullo os medios daban a triste nova: finara Patiño. Pouco antes publicara o libro “Memoria de ferro”, sobre a xeración sacrificada pola represión da guerra do 36. Patiño, unha personalidade non doada de esquecer. Correos emitira un selo especial da Semana Micolóxica de Galicia en Foz á que él non fora alleo. Hoxe Os Bolouros, baixo a experta batuta do biólogo Xesús Blanco camiña cara ó seu XXXV aniversario…
Suso Fernández



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



