DECLARACIÓN INSTITUCIONAL DO CONCELLO DE BARREIROS NO DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO.
Barreiros, 22 de novembro de 2012. O Concello ven de facer pública unha declaración institucional co gallo da celebración do día internacional para a eliminación da violencia de xénero o vindeiro domingo, 25 de novembro. O documento foi presentado polas concelleiras do equipo de goberno Alina Rodríguez, Mª del Mar Sante e Adela Rodríguez.
“O día 25 de novembro converteuse nun día de reflexión e sensibilización para expresar o rexeitamento máis profundo a todo tipo de violencia contra as mulleres. A violencia de xénero debe ser considerada como un problema público e social de primeira magnitude. Representa un ataque ao dereito á vida, á integridade física, ao libre desenvolvemento da personalidade, á liberdade, á seguridade, e á non discriminación, tal como xa proclama a nosa Constitución e o noso Estatuto. Todos os poderes públicos teñen a obriga de adoptar as medidas necesarias para facer reais e efectivos estes dereitos.
Mentres siga existindo un só caso de violencia de xénero non viviremos nin gozaremos dunha sociedade que poida vivir libre e en igualdade real entre mulleres e homes. Estamos convencidos que a erradicación da violencia de xénero pasa por un proceso de maior concienciación social e de educación.
A conquista real da igualdade, do respecto á dignidade humana e da liberdade das persoas, ten que ser un obxectivo prioritario das políticas públicas, polo que é fundamental levar a cabo, dende todas as Administracións, actuacións transversais que incidan na mellora da igualdade de oportunidades a todos os niveis.
Por todo o anterior, o Concello de Barreiros manifesta a súa intención de adhesión á Rede de entidades locais en contra da violencia de xénero, acción promovida polo Goberno galego e a FEGAMP, xa que esta Rede se configurará como un instrumento que permita conseguir o rexeitamento social e institucional da violencia de xénero, sensibilizando á poboación e conseguindo a súa implicación e compromiso real contra esta lacra”.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



