Importantísimo triunfo do equipo de 1ª autonómica feminina diante dun rival que non se entregou nunca e que nos puxo as cousas complicadas durante todo o encontro. A victoria permítenos mirar a clasificación dende o máis alto logo da 6ª xornada de Liga.
Parciais: 17/10 – 13/12 – 12/16 – 18/9.
Anotaron: Rocío Varela (10 ptos), Marta Lema(14), Marly Varela (8), Andrea Meilán (9), Tamara Montero (7), Andrea Viador (2), Laura Castro (5), Sabela Uriz (5).
FINAL: LOURENZÁ ENSINO 60, MARISTAS CORUÑA 47.



















Tamén haberá unha Master Class sobre o prato protagonista da xornada impartida por Alejandro Méndez e Alejandro Ares, membros da Asociación de Cociñeiros de Lugo. Outra das actividades previstas é unha exhibición de cociña e degustación gratuíta de máis de 700 tapas elaboradas con ovo e chourizo. Ademais, ao longo do día haberá actuacións musicais, feira artesanal con varios postos de artesanía alimentaria na que se promocionarán os produtos locais, talleres de oficios artesáns, exhibición de coches clásicos e xogos tradicionais.
Expón ata o sábado as novidades para este outono/inverno, co catalogo modificado de forma considerable, reducindo algúns modelos da súa produción, asi como a presentación duns 100 diseños novos, modificando tamen os acabados finaiss incluíndo cor en todas as pezas (en alta temperatura) azul, azul turquesa, verde, laranxa…
A clínica focense comprométese coa entidade laranxa e segue garantizándonos o bo estado de saúde dos nosos dous planteis.
Na reunión tratáronse as principais necesidades do municipio e exploráronse posibles vías de colaboración desde a Xunta para levar a cabo iniciativas conxuntas, no marco do compromiso do Goberno galego co eido local.
Xunto aos asistentes estiveron o alcalde, Dani Vega, e a concelleira de Benestar Social, Elena Sierra, que lles agradeceron que escolleran a vila ribadense para a celebración deste encontro.
Á tarde foi a sesión regato nas Escolas vellas de Cervo da man de Caxoto coa colaboración de Tarabela Creativa e Airiños do Xunco. Pola noite foi a quenda da sesión Río para público adulto no local Social da asociación de veciños do Burgo de Trasbar da man de Dani Blanco.
Félix Jorquera entrevistou ao alcalde, Fran Cajoto; ao concelleiro de Relacións Institucionais, Comunicación e Coordinación de Axenda 2030, Carlos García; os presidentes do CB Celtas de Foz e do CD Foz, Carmen Alonso e Asier Burundarena; e á dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo un balance do verán, que está a piques de rematar, e que foi moi positivo para Foz, segundo subliñaron os participantes, analizou os proxectos para os vindeiros meses e pulsou o deporte local.
