A desvergoña da Xunta cos residuos non ten límites: se non se recicla máis, é porque a Xunta incinera e enterra o lixo en troques de reciclar!
28 de novembro de 2012. A campaña que SOGAMA está a desenvolver en cidades e vilas galegas para promover a reutilización e o reciclado, debido aos ridículos índices que amosa a xestión dos refugallos en Galiza, é un exercicio de esquizofrenia e desvergoña sen límites. Se é precisamente debido ao modelo SOGAMA (incineración + verdido) que a reciclaxe acada os níveis máis baixos do estado e de Europa! Por outra banda, a Xunta gábase de que a xeración de refugallos diiminuíu un 6,4% dende a aprobación en 2010 do Plano de Resiuduos (PXRUG)… Non será máis ben que ao igual que caeu a actividade económica e o consumo, a xeración de residuos diminuíu sobre todo pola crise? Así o recoñece no documento de modificación do PXRUG 2010-2020 que está a tramitar, cualificando a crise como un “avance” na redución da produción de lixo. En definitiva: outra campaña-trampa de SOGAMA deseñada para vender como virtudes as súas vergoñas, mostra da incompetencia e o cinismo sen límites da Xunta.
Analisemos algunhas das “pérolas” que conteñen os materiais desta campaña:
SOGAMA pona en marcha coa fin de “captar o interese dos transeúntes e orientalos sobre mellores prácticas ambientais”: Non sería millor que primeiro se orientaran eles? A incineración e o vertido que praxctica SOGAMA non son os millores xeitos de tratar os refugallos, nin os que a lexislación fixa como prioritarios (redución, reciclaxe e compostaxe). SOGAMA só recicla o 8% do total dos refugallos recibidos fronte ao 32% que conxuntamente amosan Nostián e O Barbanza. Ademais disto, as plantas de compostaxe reciclan moita máis cantidade de residuos que SOGAMA en TODAS as demáis fraccións da recollida selectiva: Vidro, 9 puntos máis; Papel/Cartón, 4 puntos máis; e Envases, 31 puntos máis, tanto nas áreas de alta xeración de residuos (A Coruña-zona urbana), como en áreas máis rurais cunha máis baixa xeración de residuos (comarca do Barbanza). Informe sobre a recollida selectiva.
SOGAMA di que pretende “aplicar con efectividade o principio dos 3Rs”. Nós preguntámonos que fan para aplicar o 1º e 2º “R”, isto é, Reducir e Reutilizar? E sobre todo, que fan para aplicar o 3ºR, isto é Reciclar, particularmente a materia orgánica que supón o 50% do lixo que xeramos a diario? Resposta: Nada. SOGAMA recicla o 0% da materia orgánica: Como pretenden acadar o nível do 50% que fixa a Lei 2272011 de Residuos e a Directiva 2008/98/CE?
SOGAMA di que pretende acadar a “xestión sostible dos nosos refugallos, velando por que esta sexa respetuosa co medioambiete e a saúde”. A “xestión sostible” dos nosos refugallos pasa por reciclar a material orgánica. Queimala ou eliminala no vertedoiro como fai SOGAMA non é respectuoso nin co medio ambiente, nin coa saude, nin respecta a lexislación e resulta moito máis caro. Precisamente a respeito dos cartos, e no que vai de ano, SOGAMA soterou no vertedoiro de Cerceda nada menos que 42 millóns de €.
Resulta chamativo tamén atopar no libelo de SOGAMA a seguinte frase: “A confusion en torno á separación de residuos en orixe está moi extendida”. Dende ADEGA estamos dacordo: Son precisamente eles quenes a fomentan! Vexan senón o seguinte gráfico aparecido nos materiais desta campaña e que “informa” que ao contentor verde debe ir a materia orgánica e outros refugallos… que non se poden reciclar!
Á vista destes datos, recomendamos á poboación estar alerta fronte á propaganda tóxica da Xunta sobre os residuos: Con SOGAMA e a incineración, que non che conten contos!























O acto terá lugar o vindeiro luns 18 de maio, coincidindo coa celebración do Día Internacional dos Museos, unha data sinalada para poñer en valor o patrimonio cultural e mariñeiro do concello. Tras un período de traballos de mellora e adecuación, o museo —un referente na comarca— reabre para ofrecer ás persoas visitantes unha viaxe inmersiva a través da herdanza mariñeira, da industria conserveira e da estreita relación das súas xentes co Cantábrico.
Unha obra para todos os públicos. Hora: 20.00. Entrada libre ata completar aforo, non é necesario facer reserva de entradas.
O encontro, aberto ao público, terá lugar na Casa Museo Álvaro Cunqueiro e será moderado por membros da propia asociación. A sesión busca reflexionar colectivamente sobre a posibilidade de que Mondoñedo aspire a ser recoñecida como Patrimonio da Humanidade, abordando a cuestión desde perspectivas históricas, patrimoniais, artísticas, naturais e humanísticas. A actividade comezará ás 11:00 h e a organización anima a toda a veciñanza a participar e compartir opinións.
O Comité de Empresa de Alúmina‑Aluminio San Cibrao informa de que a Secretaría de Industria convocou ao comité á 19ª reunión de seguimento do acordo de viabilidade, que se celebrará o venres 15 de maio ás 12:30 horas na Delegación do Goberno en A Coruña. Unha vez rematada a reunión, o comité procederá a informar aos traballadores sobre os resultados e avances do encontro.
A participación estará aberta do 14 ao 18 de maio, e a persoa gañadora poderá escoller entre cinco modelos diferentes. A propietaria, Susana Moreira, fai un balance moi positivo desta década, na que o negocio evolucionou ata centrarse en mercería, venda de la e artigos artesanais elaborados por ela mesma. Ademais, ofrece arranxos de roupa e organiza cursos e talleres de ganchillo, calceta e bordado, como o previsto para o 23 de maio. A maior parte da clientela e das persoas que participan nas actividades son mulleres, aínda que tamén acoden nenos e mozos interesados en técnicas como os amigurumis.
Será este xoves, día 14 de maio, ás 19:00 horas no salón de actos do Concello. O mago Pedro Bugarín presentará o seu espectáculo titulado Galicia con maxia. Para esta actividade o Concello de Lourenzá conta coa colaboración da Deputación de Lugo.
Nesta ocasión participará Susana Vázquez Fernández, coach de saúde emocional e facilitadora en procesos de duelo e perda, que impartirá o faladoiro “Xestión do ánimo”, centrado en técnicas de relaxación, pensamento positivo e coidado da saúde mental para mellorar o benestar emocional. A actividade está aberta á veciñanza e busca crear un espazo para compartir, aprender e coidarse en comunidade. Conta co apoio e colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.



