ACLARACIONS AS MANIFESTACIONS REALIZADAS POLO ALCALDE, FERNANDO SUAREZ, A PROPOSITO DO GASEODUCTO E A MANCOMUNIDADE DE MUNICIPIOS
A Mancomunidad é unha entidade na que os municipios asociados delegan parte das función e competencias que lles son propias ao obxecto de que preste un servizo conxunto para tódolos seus membros, de tal xeito que, se configura como un órgano de xestión e administración de competencias municipais, no que están representados os Concellos, é non os Partidos políticos, como é o caso do Pleno do Concello ou da Deputación. Non é un órgano no que se debatan liñas políticas ou de actuación dos Concellos, non é o foro no que se debatan temas que poidan afectar a un grupo concreto de veciños, por moito que a causa da afección sexa unha obra que dea servizo a toda a bisbarra, no é a mancomunidade a que pode dar una solución aos problemas municipais senón que son os Concello os que teñen que traballar por acadar solucións.
Na mancomunidade da Mariña a representación do Concello de Ribadeo recae na persoa de Fernando Suarez, Alcalde, e na de Campo L. Braña, Concelleira, e nela o que se debate e decide é sobre como xestionar do xeito máis eficaz o presuposto da entidade para prestar un servizo conxunto e dar resposta as necesidades conxuntas dos veciños da Comarca, por tanto non é certo o dito polo Alcalde de Ribadeo no senso de que “a mancomunidade é o ente institucional dende o que se deban defender as preocupacións dos veciños afectados por ese trazado”, sendo esta unha obriga propia de cada un dos Concellos e dos seus Alcaldes, que son os que teñen que velar polos intereses dos seus veciños e veciñas. Novamente neste asunto o Alcalde de Ribadeo, como xa é habitual, intenta “escorrer o vulto”, evitando asumir as súas responsabilidade é facendo responsables a outros e outras Institucións e Administracións do incumprimento das súas obrigas, cando o certo é que, él é o único responsable de que os veciños/as de Ribadeo, xa se vexan afectados por este asunto ou por outro, cando acoden ao Concello solicitando apoio na búsqueda de solucións nunca atopen a quen lles ten que axudar e quen asuma responsabilidades. Agora ben, con ser esta a forma habitual de comportarse do noso Alcalde, o certo é que cando se trata dun asunto que lle afecta persoal e directamente, como foi recentemente o tema das bicicletas e o seu paso pola Ponte dos Santos, non demora en traelo con carácter de urxencia áo Pleno Municipal e acordar dirixirse ao Ministerio pedindo solución a este “problema”… Cumpre preguntarse ¿Porqué o Alcalde non amosou esta mesma dilixencia co tema do gaseoducto durante os máis de tres anos que se leva coa tramitación deste proxecto? ¿porqué a dia de hoxe aínda non someteu a súa proposta a consideración e debate do Pleno Municipal? ¿Por qué cando no último Pleno ordinario se lle preguntou dende o Grupo do PP cál era a posición do Concello o respecto do gaseoducto contestou que este non era un tema da súa preocupación? ¿Por qué non quixo debater sobre este tema no noso Concello? ¿Porqué o Alcalde durante as reunións que mantivo cos inxeneiros responsables do proxecto non lles manifestou reparo alguno ao trazado? ¿Por qué presenta esta proposta para o seo debate na mancomunidad con carácter de urxencia se durante os tres anos que se leva coa tramitación deste proxecto non fixo nada ao respecto?….
Certamente o Alcalde neste tema amosa un comportamento que dista moito do que se espera da súa condición como representante do Concello de Ribadeo, ao imputar o rexeitamento da súa proposta a unha “sutil estratexia do PP”, cando o certo é que non só foron os representantes de Concellos gobernados polo PP os que se abstiveron na votación sobre da urxencia do debate, senón que tamén se abstiveron os representantes de Concellos que non son do PP, como foi o caso do Concello da Pontenova ou do representante de Burela, pero é mais o Alcalde non di e oculta a cidadanía, que a súa proposta, aínda de non estar de acordo nas súas formas de levar e presentar o asunto, si recibiu o voto a favor tanto da outra representante do Concello de Ribadeo, Campo Braña, asi como dos Alcaldes de Barreiros, e Trabada todos eles do PP.
Os veciños deben saber que a Mancomunidade non rexeitou a proposta do Alcalde de Ribadeo senón que rexeitou que se tramitara con carácter urxencia, o que só é imputable e responsabilidade do propio propoñente da proposta, ao non ter nada feito durante todo o tempo no que se leva coa tramitación deste proxecto en prol dos nosos e agora no último momento busca urxentemente que sexan outros os que lle veñan a solucionar os seus problemas; ao terse presentado ante o resto de Concellos para debater unha proposta que, contrariamente o que di, non era unha proposta do Concello de Ribadeo senón del e do BNG; ao ter menosprezado co seu comportamento aos outros Grupos con representación no noso Concello rexeitando debater previamente sobre este tema; e ao non ter feito intento algún de acadar un consenso previo sobre asunto co resto da Corporación.. Pero si esto xa era de por si dabondo para que o resto de representantes entenderan que a proposta do noso Alcalde carecía de xustificación, o que aínda xustifica máis o rexeitable e que nin sequera intentara acadar o consenso e apoio do Alcalde de Barreiros, onde tamén ha veciños afectados por esta obra, e quén si, dentro da súa responsabilidade, ven dende xa fai tempo traballando a carón dos veciños na búsqueda dunha solución ao problema, e quén tamén estibo presente na reunión do pasado vernes cos veciños de Barreiros e Ribadeo afectados…
Unha vez mais o Grupo Municipal do PP no Concello de Ribadeo vese na obriga de pedirlle ao Alcalde que asuma as súas responsabilidades, que traballe dende o Concello a carón dos nosos veciños na percura de solucións aos seus problemas, que se deixe de facer responsables da súa incompetencia a outras Institucións e Administracións, e sobor de todo que saiba manter o nome do Concello de Ribadeo no lugar que lle corresponde, Concello recoñecido por ser un pobo aberto, solidario e de boas costumes, un pobo que sempre mantivo boas relacións cos Concellos limítrofes, tanto dunha beira como da outra da Ría, e sobor de todo por ser un pobo cun gran sentido do respeto e da consideración tanto coas Institucións como especialmente coas nosas xentes, as de acá e as de máis ala, para todos e todas.




















Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



