Domingo, 9 de Decembro Lugar: Pabellón Polideportivo de Cervo
Horario: De 10.00 a 14.00 horas
Conmo xa sabedes A Asociación de Consumo Ecolóxico Karrikanta maila Asociación Cultural Airiños do Xunco impulsan unha iniciativa conxunta ligada ás tradicións locais, defensa dos pequenos produtores e a agricultura da comarca. Trátase do Mercado do Souto que celebrarase na Praza do Souto en Cervo os 2º e 4º domingos de cada mes.
Atendendendo a demanda d@s participantes no Mercado, este seguirá realizandose na Praza do Souto SEMPRE que o tempo o permita. Si o día está de choiva, frio ou existe unha ameaza, a partires de agora , o lugar alternativo será O PAVILLÓN POLIDEPORTIVO pechado que ten o Concello ao carón do Colexio Público de Cervo
O principal atractivo de dito mercado é a posta en contacto entre vendedores e consumidores co obxectivo de dinamizar o comercio local e dar a coñecer a produción da zona. Así, haberá postos de produtos da horta, artesanía en coiro, xabóns artesanais, pastas, pan, sementes, etc… e produtos locais de cara ao Nadal.
POLO QUE ESTE DOMINGO DÍA 8 de Decembro O MERCADO TERÁ LUGAR NO PAVILLÓN DE CERVO. a petición dos postos participantes na última edicción. a duración do Mercado do Souto é de 10.00 h a 14.00h,
coma sempre trataremos de ter unha boa xornada de encontro para tod@s, Teremos algunha actuacción como parte do intento de motivar e dar a coñecer o Mercado do Souto e dos nosos produtos.
KARRIKANTA e AIRIÑOS do XUNCO























A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



