A executiva do PSdeG en Foz reafirma a decisión unánime de darlle aos veciños “unha alternativa de goberno”
“Podemos quedar de brazos cruzados vendo como o PP paraliza o concello ou intentar gobernar Foz para os veciños; nós temos clara a nosa posición, que é responsable e transparente, por iso o dicimos abertamente, e ademais é a que cremos que debería ter calquer socialista”, afirma José Ramón Val
“Estamos dispostos a escoitar tamén as razóns dos compañeiros do grupo municipal, como as de todos os militantes, por suposto”, asegura Val, que engade: “Prefiro asumir a responsabilidade de non chegar a un acordo que asumir a falta de responsabilidade de non telo intentado polo ben dos nosos veciños e dun concello que vai costa abaixo”
A Executiva Local do PSdeG-PSOE de Foz reuniuse esta noite para analizar a situación de goberno do concello e reafirmou por unanimidade a intención de iniciar contactos coas outras forzas políticas para darlle “unha alternativa aos veciños ante o actual desgoberno do PP”, que “ten totalmente paralizado un municipio que debería ser dos de maior vitalidade” da zona. Asimemso, os membros da Executiva respaldan “ao cen por cen” as declaracións do seu secretario xeral, José Ramón Val, que decidiu poñer sobre a mesa a posibilidade de formar unha alternativa de goberno e fíxoo “dun xeito transparente e de cara aos veciños, que son os que despois nos van pedir responsabilidades se non somos quen de darlles unha resposta nun momento moi complicado”. Deste xeito, a Executiva confirma a decisión xa tomada e consensuada con Val na reunión da pasada semana.
“Podemos quedar de brazos cruzados vendo como o PP paraliza o concello ou intentar gobernar Foz para darlle unha alternativa aos veciños; nós temos clara a nosa posición, que é responsable e transparente, e ademais é a que cremos que debería ter calquer socialista”, destaca o secretario xeral do PSdeG en Foz, José Ramón Val, que se referiu ademais á posición dalgúns compañeiros do grupo municipal. “O PSdeG en Foz é unha agrupación forte cun número importante de afiliados e con vocación de goberno, pero por suposto estamos dispostos a falar e escoitar tamén as razóns deses compañeiros, como de todos os militantes”, asegura Val, que engade: “Prefiro asumir a responsabilidade de non chegar a un acordo que asumir a falta de responsabilidade de non telo intentado polo ben dun concello que vai costa abaixo”. O socialista lembra tamén que fixo pública a intención de manter contactos con outros grupos unha vez anunciado que deixa a acta de concelleiro, “para que ninguén poida dicir que isto é un desexo persoal de poder e quede claro que este é o único xeito de que o PSdeG se responsabilice de verdade diante dos veciños que esperan unha resposta á súa situación”.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



