As perdas e as ganancias
O desmantelamento do tecido social de España en beneficio da propiedade privada esta a un ritmo moi aceptable e os donos da Europa do Euro refréganse as mans co ben que lles vai nesta maltratada nación co traballo que fan para eles os fillos da Iberia que pensan que so os empresarios particulares (lease multinacionais) son quen de levar ben os negocios. Desde logo esta demostrado que os políticos non son quen de levar un negocio, pero si que saben como desmantelalo para dárllelo a seus adorados empresarios como tributo ao benestar financeiro . Escolas, hospitais, empresas estatais ou municipais, todo é mellor dárllelo os grandes comecartos para así cumprir coa súa doutrina de que o primeiro e único fin, é o empresariado, que son os que saben de cartos e de como gañalos. Pero se empresarios particulares arruínan ó pais, como fixeron os bancos entón son os cidadáns os que deben sacalos da miseria porque, pobriños, seria un terrible mal para España que os que xogan a Bolsa perderan un euro, é coma se a un xogador do casino tiveran que restituírlle os cartos que perdeu no xogo, os empregados do concello e da praza de abastos, por que así volvería a ter cartos para volver a xogar e os donos do Casino non perderían clientes. Xogar á bolsa é así, coa avaricia de gañar, os bancos xogan, e se perden, entón os políticos restituínlles a “liquidez” e todos felices xa que con esa actitude o político asegura un posto de Conselleiro ou no banco ou nunha empresa afín ó banco ( o posto non é de traballo é de conselleiro).
Xa vemos como fai Europa, dannos créditos se realizamos cambios nas políticas publicas que so benefician os inversores financeiros. Pois os nosos políticos aínda o fan mellor; non pediron créditos –o que parece ser bo- pero fixeron as reformas. Xa temos mortos por suicidio debido a esa política. Ata onde chegaremos?
Porqué ese empeño dos políticos en demostrar que un negocio estatal ou municipal dirixido por políticos non é igual que un negocio dirixido por un NON político?.
Tanto van mal uns como os outros. Claro que o que se fai co Hospital da Princesa de Madrid non é desmantelar, faltaría mais, é modificar a utilidade, pois de ser un hospital modelo por investigación pasara a ser unha residencia especial de anciáns, ou sexa un hotel para maiores en mans privadas.
Esta claro que se non saben diferenciar entre un ben social dun negocio esta ben que so sexan políticos. Pero coidadiño, moitas das vantaxes socias das que desfruta (ou desfrutaba) o pobo son cousa de políticos, e moitas das cousas malas que padece o pobo son cousas dos negocios privados.
Non malvendamos o que temos e mellorémolo, que se pode, e que pensen os que mandan que se as ganancias das industrias, dos negocios e dos bancos, nunca deben ser socializadas cando hai bonanza, tampouco deberían socializarse a perdas cando as cousas van mal como ocorre agora e isto reza para os negocios privados pero para os negocios de titularidade publica, ocorre que as ganancias son para o estado, polo que se vai mal, si se poden socializar xa que as perdas e ganancias son do pobo e non do meu amigo Manolo.
Xosé Ruiz Leivas



















A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).
Durante tres días desfrutan dun programa intenso de actividades na natureza: montaxe e desmontaxe do campamento, surf en Esteiro, tiro con arco, xincana e diversos xogos. A iniciativa está promovida polas Concellerías de Xuventude e Deporte xunto coa Oficina de Información Xuvenil.
Olimpia López, supervisou hoxe en Cospeito un control da campaña de velocidade da DGT, que busca previr sinistros nun verán de maior tráfico. Lembrou que a velocidade inadecuada está presente no 22 % dos accidentes mortais e apelou á responsabilidade dos condutores: cada km/h conta para salvar vidas.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.



