OS PUPILOS DE LUCAS LEVARON O DERBI LUGUÉS DE TERCEIRA (4-1)
O Burela FS Pescados Rubén B recibirá 2013 nunha meritoria dinámica tras levar o derbi lugués en Terceira División. Os pupilos de Iván Cao, Lucas, impuxéronse con solvencia ao Vilalba FS na casa (4-1), nun encontro no que xa tomaron a dianteira nos primeiros minutos.
Carlitos foi o responsable da primeira ledicia da tarde en Vista Alegre, inaugurando o luminoso xa no minuto 4. Os laranxas tiveron que conformarse con marchar ao tempo de descanso coa axustada distancia do 1-0. Á volta, a portería vilalbesa conseguiu resistirse ata o 29, cando Arón apareceu para subir o 2-0. A falta de dous minutos, Rodrigo acurtou vantaxe, pero Keko erradicou calquera vacilación no marcador por partida dobre, no 39, cunha xogada rápida, e no 40, a porta baleira, co 4-1 final.
Ficha técnica
Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Carlos, Souka e Keko; tamén xogaron Xoia, Arón e Pichi
Vilalba FS: Ismael, Iago, Rodrigo, Aitor e Luis; tamén xogaron Ismael Vázquez, Óscar; Paulo e Joel
Goles: 1-0, minuto 4, Carlos; 2-0, minuto 29; Arón; 2-1, minuto 38, Rodrigo; 3-1, minuto 39, Keko; 4-1, minuto 40, Keko.
Árbitros: Naray Álvarez e Rivas Fouz




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
