OS PRESUPOSTOS DE LOURENZÁ PARA 2013, QUE ASCENDEN A 1.700.000 EUROS, SOMETERÁNSE A APROBACIÓN O VINDEIRO VENRES, 28 DE DECEMBRO. EMMA ÁLVAREZ SINALA QUE SON REALISTAS, RIGOROSOS E AUSTEROS.
Lourenzá, 26 de decembro de 2012. O vindeiro venres, 28 de decembro, ás 12 da mañá nun pleno extraordinario someteránse a aprobación os presupostos municipais para 2013 que ascenden a 1.700.000 euros, un 3’76% máis que os deste ano. En palabras da alcaldesa, Emma Álvarez, trátase duns orzamentos realistas, responsables, rigorosos e austeros, que tentarán atender as necesidades básicas dos veciños e das veciñas de Lourenzá.
A rexedora dixo que “os presupostos teñen en conta a minoración na recadación dos tributos locais e do resto de ingresos ordinarios. Os nosos recursos irán destinados a cubrir os gastos para atender as necesidades básicas dos veciños e das veciñas de Lourenzá”. O incremento do 3’76% débese “a unha subvención que xa temos concedida para rehabilitar o pazo de Tovar e convertelo nun centro de interpretación dos pazos galegos”.
Emma Álvarez indicou que “estes presupostos enmárcanse tamén dentro do plan de axuste 2012-2022, onde fomentamos a reducción de gastos para este período co fin de situar ao Concello de Lourenzá nas condicións financieiras e presupostarias para sumarse á recuperación económica. Facemos unha reducción adicional do gasto e unha estimación máis realista dos ingresos”.
A alcaldesa laurentina sinalou que “os orzamentos de 2013 baséanse no realismo e na responsabilidade. Realismo porque se parte da situación de crise e dun escenario prudente de ingresos e responsabilidade porque se axusta ao plan de axuste 2012-2022. Rigor e austeridade marcan estes presupostos. Tamén temos a obriga de someter á elaboración e aprobación dos presupostos as esixencias de equilibrio estructural, limitación de débeda pública e regla de gasto. Con estes datos consideramos que chegamos a unha estabilidade presupostaria positiva para o 2013”.
O capítulo de gastos de persoal baixa un 4’45%. “Suben un pouco os gastos financieiros e fano nun 17’31% debido ao plan de pago a proveedores ao que nos acollemos o ano pasado. E increméntase nun 59’68% o capítulo de inversións. Aquí incluimos ademáis de rehabilitación do pazo de Tovar unhas partidas para o mantemento de pistas e estradas e bens de uso público ás que destinamos uns 76.000 euros”, seguiu a relatar Álvarez Chao. A Servizos Sociais destínanse 195.000 euros “e con isto incrementamos un 3% os gastos reais do ano 2012”. Para Educación, Cultura, Deportes e Sanidade presupostáronse 498.000 euros “e no programa de actuacións de carácter económico podemos destacar os 10.000 euros que se invisten na festa da faba, unha cantidade que se viu mermada nos dous últimos anos ou tamén a aportación ao domingo de piñata, que foron 2.000 euros o ano pasado, e neste 2013 temos previsto a mesma cifra”.
A alcaldesa, Emma Álvarez, subliñou que “o noso obxectivo é traballar en proxectos produtivos, que xeneren ingresos económicos e postos de traballo. Para isto o que tentaremos será fomentar dúas ideas importantes: a cooperativa de comercialización de faba e a xestión conxunta dos montes”. A rexedora considera que “os recursos son escasos, pero temos que traballar para deixar ao noso concello nunha situación de estabilidade orzamentaria e creando postos de traballo”.
Os presupostos de 2013 analizáronse na comisión de contas do pasado venres, 21 de decembro. En dita comisión o BNG xa anunciou a súa abstención e o PSOE non acudiu a dita convocatoria.





















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



