27 de decembro de 2012. SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente), a entidade semipública que xestiona o 82% dos refugallos urbanos do país mediante a incineración e o vertido é unha das empresas máis contaminantes de Galiza, e tamén unha das máis perigosas para a saúde. Un recente estudo do Instituto de Saúde Carlos III de Madrid, publicado na revista Environmental International, conclúe que a poboación que reside preto das incineradoras ten un maior risco de padecer cancro. Porén, e malia a que este sistema é máis nocivo, caro, contaminante e insolidario que a compostaxe, o PP persiste en defendelo contra toda lóxica. A pregunta é: Quen se lucra cos refugallos a costa da nosa saúde?
As incineradoras, como a situada no “complexo ambiental” de SOGAMA en Cerceda, revélanse segundo os expertos como potentes emisores de substancias carcinóxenas: Doxinas, arsénico, cromo, benceno, hidrocarburos aromáticos policíclicos, cadmio, chumbo, tetracloroetileno, hexaclorobenceno, niquel e naftaleno, entre outros centos de tóxicos.
Segundo o rexistro estatal de emisións e fontes contaminantes (PRTR) SOGAMA verteu á auga e á atmosfera uns 15 kg de mercurio, 13,7 de arsénico, 5,5 de cadmio, e 21 ,4 de fenois no último periodo declarado. E isto só é a punta do iceberg: Neste rexistro, non se recollen as emisións monóxido de carbono, dióxido de xofre, outros metais pesados alén do mercurio, nen tampouco as dioxinas e furanos, substancias moi tóxicas producidas pola incineración. Na incineradora quéimanse tamén produtos farmacéuticos (máis de 4.000Tm ao ano), prática perigosa para a saúde polas emisións das substancias químicas procedentes dos medicamentos.
Entre os tumores que, segundo o estudo do Instituto Carlos III, poden producirse debido a cercanía das incineradoras atópase o de estómago, o de pulmón, o de pleura, o de ril e o de ovario. Ademais estes cancros poden manifestarse con maior probabilidade nas persoas que viven a menos de cinco kilómetros destes emprazamentos, tal é o caso de numerosos veciños de Cerceda, parroquias de Carral, Ordes…
A ciencia dá outra volta máis argumentos para abandonar a incineración como sistema para o tratamento dos residuos. Ademais de ser unha fraude de lei é un desbaldimento económico, unha hipoteca ambiental e un risco certo para cidadanía, destrúe máis portos de traballo dos que cria. Irónicamente SOGAMA ten como lema “Traballamos, educamos e actuamos por un futuro sostible” É este o futuro que nos prometen?
Dende o movemento ecoloxista levamos décadas reclamando un novo modelo de xestión de residuos para Galiza, un sistema descentralizado baseado na redución, a separación dos residuos orgánicos (que para SOGAMA non son reciclábeis!!), e a compostaxe, para camiñarmos, como o resto de Europa, cara unha sociedade da reciclaxe. Ti tamén podes colaborar a conquerir este obxectivo asinando e recollendo apoios para a ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) contra a incineración e a prol da compostaxe. Non fiques parado/a adgardando a seres envelenado/a!

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



