LIDIA E LARA DISPUTARÁN A FINAL NACIONAL CON GALICIA SUB-23
As xogadoras do CD Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías e Lara Balseiro estarán na final do Campionato de España de Seleccións Territoriais con Galicia Sub-23. O combinado irmandiño conseguiu o billete tras rematar primeiro de grupo en Murcia, con vitoria ante Castela e León (0-2) e o anfitrión (3-4).
A finalización laranxa deixou pegada na primeira fase do nacional, con dobre aparición da titular Lidia Mesías, que inaugurou a cuadrícula goleadora de Galicia, no primeiro enfrontamento. Lara tamén tivo unha dinámica presenza nas rotacións de Manuel Castillo. No periplo galego tamén houbo otra cara coñecida da estrutura burelista, o director xeral, José Luis Sáez Castro, como xefe de expedición da selección pola súa condición de directivo da Federación Galega de Fútbol
Galicia loitará polo trofeo de campión na gran cita, prevista para o mes de marzo, con sede aínda por determinar. Castela A Mancha, Comunidade Valenciana e Madrid serán os rivais a bater.
Pou outra banda, a porteira do CD Burela FS Pescados Rubén Joziane de Oliveira foi nominada para os AGLA Futsal Awards 2012.
LIDIA Y LARA DISPUTARÁN LA FINAL NACIONAL CON GALICIA SUB-23
Las jugadoras del CD Burela FS Pescados Rubén Lidia Mesías y Lara Balseiro estarán en la final del Campeonato de España de Selecciones Territoriales con Galicia Sub-23. El combinado irmandiño consiguió el billete tras finalizar primero de grupo en Murcia, con victoria ante Castilla y León (0-2) y el anfitrión (3-4).
La finalización naranja dejó huella en la primera fase del nacional, con doble aparición de la titular Lidia Mesías, que inauguró la cuadrícula goleadora de Galicia, en el primer enfrentamiento. Lara también tuvo una dinámica presencia en las rotaciones de Manuel Castillo. En el periplo gallego también hubo otra cara conocida de la estructura burelista, el director general, José Luis Sáez Castro, como jefe de expedición de la selección por su condición de directivo de la Federación Gallega de Fútbol.
Galicia luchará por el trofeo de campeón en la gran cita, prevista para el mes de marzo, con sede aun por determinar. Castilla La Mancha, Comunidad Valenciana y Madrid serán los rivales a batir.























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
