GONZÁLEZ BARCIA ESTUDA O TRASLADO DO CENTRO DE FORMACIÓN OCUPACIONAL. OCUPARÍA OS LOCAIS MUNICIPAIS DO PARQUE DE TÍJOLA. O ALCALDE AFIRMA QUE SE BUSCA AUMENTAR A CAPACIDADE OPERATIVA DO DEVANDITO CENTRO.
Burela, 1 de febreiro de 2013. O alcalde de Burela, José María González Barcia, xunto cos concelleiros de Obras, Manuel Fernández Valle, e de Emprego, José Casas Martínez, visitou hoxe os locais municipais ubicados no Parque de Tíjola, para estudar o posible traslado do indicado centro a estas dependencias.
González Barcia manifestou que “o equipo de goberno estase plantexando unha reestruturación dos servizos municipais. A Casa do Concello está xa saturada e non se pode albergar ningún servizo máis, pero o traslado de Capitanía á súa nova sede permítenos poder ocupar esas dependencias con todos os servizos que temos nos locais do Parque de Tíjola e aproximalos á Casa do Concello, e poder pensar seriamente en aumentar a capacidade operativa do Centro de Formación Ocupacional se o trasladamos de Suafonte a Tíjola”.
Nestes momentos, nas dependencias de Tíjola están ubicados os servizos municipais de Medio Ambiente, incluída a parte administrativa da Aula de Educación Ambiental GAIA; os servizos de fomento de emprego e orientación laboral; EXPOMAR e a antena da Cámara de Comercio.
Segundo o alcalde burelés, “nestes momentos, o Centro de Formación Ocupacional xa ten limitacións de espazo. E este servizo é fundamental para o Concello, máxime na situación na que vivimos que nos obriga a formar profesionalmente ás persoas desempregadas”.
González Barcia manifestou que “a adecuación dos locais sería relativamente doada e con pouco investimento, pero permitiríamos gañar en operatividade dado que temos máis superficie e comodidade”.
Pola súa parte, o concelleiro de Emprego, José Casas Martínez, confirmou que “xa temos realizado un estudio sobre a adecuación dos locais, que pasarían pola construción dun baño adaptado a discapacitados e a colocación de dous ou tres tabiques móbiles”.
Casas Martínez indicou que “de feito xa nos puxemos en contacto coa Delegación Territorial da Xunta en Lugo para trasladarlle as nosas intencións e ver as posibilidades de homologación que terían os novos locais. Non hai que esquecer que os locais actuais do Centro de Formación Ocupacional están homologados, pero os cambios normativos e as maiores esixencias xa nos dan problemas á hora de organizar e impartir algúns cursos”.
A decisión final adoptarase logo de valorar os pros e os contras, pero en todo caso será ao longo do vindeiro mes de febreiro.






















A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.



