O Burela FS Pescados Rubén B fíxose esta fin de semana con tres puntos rifadísimos en derbi comarcal. Os de Lucas materializaron a vitoria na pista do Cidade de Viveiro (2-3) nos últimos segundos, nun encontro no que o xogo errático inicial e a desafortunada finalización os empuxou a pelexar contra o marcador.
As imprecisións marcaron o xogo laranxa no primeiro período. O equipo local, ben cerrado na súa pista, foi capaz de saír á contra e crear perigo; Brais contivo as chegadas ata o minuto 16, cando Pata adiantou os viveirenses para marchar ao descanso con 1-0.
O tempo no vestiario serviulles aos burelistas para reflexionar e volver ao partido máis concentrados e acertados. Así no primeiro minuto o goleador Fabio asinou o empate. Aínda que co control do encontro, ao Burela FS custáballe finalizar e os locais non desaproveitaron a oportunidade. Nun novo contraataque, os da cidade do Landro volveron tomar vantaxe, no 28. Sen desesperar no ataque, os pupilos de Lucas souberon esperar ata o 35 para volver igualar a contenda, nos pés de Keko. Cando todo parecía presaxiar que o electrónico se mantería inamovible un oportuno roubo de Bruno desencadeou no gol da vitoria, a tan sólo 4 segundos do final; despois de varios rexeitamentos, o esférico caeu en Fabio para culminar o 2-3 definitivo.
Ficha técnica
Cidade de Viveiro: Miguel, Pablo, Pata, David Díaz e Manuel, no cinco inicial; tamén xogaron Marquiños, Piro, Calpita e David.
Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Souka e Keko, no cinco inicial; tamén xogaron Carlos, Xoia e Hélder.
Goles: 1-0, minuto 16, Pata; 1-1, minuto 21, Fabio; 2-1, minuto 28, David Díaz; 2-2, minuto 35, Keko; 2-3, minuto 39, Fabio.
Árbitros: Martín B. e Amor Vizoso



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
