Esta fin de semana vaise celebrar por toda Galicia o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro (24 de febreiro de 1837). O festexo nesta ocasión será aínda máis especial porque neste 2013 se fan os 150 anos da publicación do primeiro libro monolingüe contemporáneo en galego, os Cantares gallegos, que marcaron un antes e un despois na historia de Galiza.
A Mesa pola Normalización Lingüística anima toda a sociedade galega a participar nos diversos actos que se van realizar ao longo e largo do país nesta fin de semana e, ademais, a que “todas e todos celebremos esta data agasallando un libro en galego e unha flor”.
Desde a maior asociación cultural de Galiza lembran tamén que o acto nacional de festexo, convocado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), será o domingo 24 ás 12 do mediodía no Panteón de Galegos Ilustres. O presidente da Mesa, Carlos Callón, recoñece en particular o “enorme traballo, o impagábel traballo, realizado pola AELG para consolidar o 24 de febreiro como unha data imprescindíbel para todas as galegas e todos os galegos”.
“Co atrevemento de publicar un libro monolingüe no noso idioma e defendendo Galiza, Rosalía de Castro ergueu hai 150 anos unha bandeira que aínda hoxe sostemos”, apunta Callón.
























Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



