A Casa da Cultura de O Vicedo acolleu unha noite de karaoke organizada pola OMIX. A participación de rapaces e rapazas adultos foi boa, elixindo cancións para todos os gustos que abarcaron desde rap ou salsa ata os típicos grandes éxitos dos anos 80. A actividade tivo moi boa acollida polo que será repetida nos próximos meses.
