Unha delegación galega integrada por membros da Comisión Promotora da ILP, convidada polo BNG e o grupo Verdes-ALE do Parlamento Europeo, vai participar na conferencia “ZERO WASTE” que reunirá en Bruxelas este 7 e 8 de marzo a organizacións de todo o mundo. Tátase de partillar experiencias e artellar propostas para conqueirir unha incineración/vertido CERO á hora de tratar os nosos refugallos. Neste evento no que imos debater sobre as políticas europeas de xestión de residuos, amosaremos tamén a catastrófica xestión dos residuos de SOGAMA en Galiza e apresentaremos aos asistentes e ao comisario de medio ambiente Janez Potocnik a ILP galega que vén de colleitar o apoio de máis de 21.000 sinaturas.
OBXECTIVOS da delegación galega na conferencia “Zero Waste” 2013 en Bruxelas:
1. Participación e toma de contacto con outras organizacións e experiencias europeas para a posta en común de iniciativas.
2. Apresentación da Iniciativa Lexislativa Popular no marco da conferencia e contextualización co problema existente en Galiza e o incumprimento repetido da normativa comunitaria de xestión de residuos no caso da incineración. Aproveitaremos para entregarlle a ILP ao Comisario de Medio Ambiente Janez Potocnik.
INTEGRANTES da delegación galega:
-Manoel Soto Castiñeira, Catedrático de Enxenería Química da Universidade de A Coruña.
-Celestino Quintela, Plataforma Galega contra a incineración e pola reciclaxe.
-Maria Rodríguez Lafuente, Vogal de Residuos e responsábel dos programas de compostaxe de ADEGA.
-Xosé Manuel López Fernández, Plataforma Incineradora “No Deza Non”.
-Marta Domínguez Domínguez, técnica de proceso do complexo ambiental de Lousame para o tratamento de RSU e asimilables da Mancomunidade de Concellos do Barbanza.
-Rocio da Igrexa Prego, Voceira Municipal do BNG no Concello de Cerceda.
PROGRAMA:
XOVES 7 DE MARZO
08.15h: Recollida no hotel e traslado en metro ao Parlamento Europeo.
09.00-13.00h: Acreditación para a conferenza “Zero Waste/Residuos cero: Cara a reciclaxe. Mellores prácticas na xestión de residuos na Unión Europea”, organizada polo BNG-Grupo Verdes-Alianza Libre Europea do Parlamento Europeo. Lugar: Sala ASP 1G3.
11.45h: Intervención de Manuel Soto, membro da Comisión Promotora da Iniciativa Lexislativa Popular para apresentar a proposición de lei para a aplicación efectiva dos principios de redución, reutilización e reciclaxe de residuos en Galiza.
13.00-14.00h: Xantar no comedor do Parlamento Europeo.
15.00-18.30h: Taller temático sobre “Presentación e experiencias de Zero Waste e mellores prácticas na sociedade”. Lugar: Sala A5E1.
18.30h: Presentación da película “TRASHED” coa presenza do seu produtor Jeremy Irons e a directora Candida Brady.
19.00h: Proxección da película. Lugar: Sala A1G3.
VENRES 8 DE MARZO
Visita en Flandes do proxecto OVAM (voluntario e en función do tempo para traslado ao aeroporto).
15.00h: Saida para o aeroporto de Charleroi en bus.
17.05h: Saida voo Charleroi-Porto.
19.30h: Chegada a Porto. Traslado a Santiago en minibus.





















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
A mostra sobre Mimina, que repasa a súa traxectoria vital e artística e o seu papel esencial na creación de Sargadelos como empresa cultural, amplía o seu período de apertura até o 12 de agosto grazas á cesión das instalacións por parte do Concello de Cervo. A exposición poderá visitarse todos os días de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00, e tamén se poden concertar visitas noutros horarios ou para grupos chamando ao 636020514 (Lucía).



