A deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentou este mércores 8Mulleres, a nova exposición que a Deputación de Lugo inaugura o xoves 7 de marzo na Capela de Santa María, e que inclúe traballos realizados, baixo diferentes disciplinas artísticas, por oito novos talentos artísticos da provincia, todas elas mulleres. Esta mostra está enmarcada nos actos conmemorativos do Día Internacional da Muller, que este ano está especialmente adicada ás mulleres do mundo do arte e da cultura.
Durante o acto de presentación, que contou coa presenza da Concelleira de Benestar Social e Igualdade, Ana González Abelleira, de Carmen Granxeiro, comisaria da exposición, Polín destacou que a Capela é un espazo aberto a todos, pero nesta ocasión acolle traballos feitos por mulleres, “a modo de particular homenaxe a todas as mulleres a través destas oito artistas que reflexionan sobre elas mesmas e sobre o mundo que as rodea”. A Deputada lembrou que as artistas presentes na mostra son “descoñecidas para o gran público que terán a oportunidade única de amosar a súa capacidade de creación”. Esta mostra ocupa o espazo que vén de ocupar Pasado e presente da olería en Lugo, homenaxe ós “cacharreiros” das catro comarcas oleiras da provincia, que vén de clausurarse e que foi visitada por case 1.000 persoas dende a súa inauguración, o pasado 30 de xaneiro.
Pola súa banda, Ana González destacou que o 8 de marzo “é o noso día, no que debemos reivindicar a defensa das políticas de igualdade” e que “a redución nos Presupostos do Estado da partida adicada a igualdade confirma que a mellora dos dereitos das mulleres non son unha prioridade para o Goberno de Rajoy”. Por este motivo, González Abelleira esixiu a “paralización dos recortes nos servizos públicos que destrúen empregos ocupados por mulleres e impoñen unha volta a un modelo de familia patriarcal”.
8mulleres
8Mulleres, nome da exposición que fai referencia non só ás mulleres, senón tamén ó día 8 de marzo, data na que se conmemora o Día da Muller, é unha exposición multidisciplinar que recolle traballos de artistas nacidas en Lugo ou que por diversas circunstancias manteñen unha estreita relación coa provincia.
As obras, que destacan pola súa orixinalidade, son unha mostra do traballo de Olalla Castro, Polo, Sandra Lodi, Lola Tourón, Carmen PG Granxeiro, Eva Méndez, María Mata e Cristina Sánchez Legido, que amosan 40 obras en soportes coma vídeo, fotografía, pintura, escultura ou mesmo cerámica e cestaría, coas que estas oito artistas reflexionan sobre o papel das mulleres no mundo e na cultura, así como sobre a súa propia natureza.
Horarios da exposición
A exposición que hoxe se presentou abrirá as súas portas este xoves, ás 19:30 horas. Ata o 14 de abril, todos os que desexen achegarse ata a Capela de Santa María poderán facelo no seguinte horario: de luns a venres, de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 hoas; sábados, de 17:00 a 20:00 horas e domingos de 11:00 a 14:00 horas. A entrada é totalmente gratuita.






















Ocorreu escasos minutos despois das 15 horas deste domingo, e foron recollidos pola embarcación Salvamar Shaula, de Salvamento Marítimo. Atopábanse subidos a unha balsa inchable na praia de Basteira, na Pedra (Cariño), foron arrastrados pola corrente e eran incapaces de retornar á beira. Dúas persoas metéronse na auga tratando de rescatalos, sen éxito. Ao final, a embarcación de rescate de Salvamento Marítimo recolleu aos menores e levounos ilesos ata o porto de Cariño. Ademais de a Salvamento Marítimo, desde o 112 Galicia informouse ao Servizo de Gardacostas de Galicia e aos axentes da Garda Civil.
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.
A institución provincial colabora con ambas citas, organizadas pola Asociación Cultural Amigos da Liga Santaballesa, cunha achega económica de 4.000€. García Porto recalcou que “estes eventos son un exemplo de como a historia da emigración pode converterse nun atractivo turístico de calidade, capaz de atraer visitantes e de reforzar o orgullo de pertenza da veciñanza”.
O evento incluirá espicha, queimada, brujo con conjuro e sesión DJ. O prezo é de 50 euros por persoa, con reserva previa no 611 185 336 e prazas limitadas. A organización lembra que “el 12 de agosto cuando caiga la noche la celebración continúa en Los Olivos… la noche culminará con una queimada elaborada por el Brujo Gonzalo, seguida de una sesión DJ para poner el broche final a una jornada inolvidable”.
Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.



