Este venres 8 de marzo arrincou no colexio Sagrado Corazón de Ribadeo o concurso de guións radiofónicos Radiando igualdade, organizado pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres. O obxectivo é “enfatizar nas diferentes formas de comunicación, rachando un pouco coa eira dixital e visibilizando as virtudes que ten a radio, coma ferramenta para difundir información, para crear opinión e para entreter”, segundo explican desde o CIM. A súa responsable, Luisa González, e a xornalista Carmen Cruzado expuxéronlles aos rapaces en qué consiste o concurso e achegáronos ao mundo da radio. Entre os grupos participantes elexiránse dous traballos, coma os mellores guións radiofónicos que incidan na igualdade entre homes e mulleres. O premio para os gañadores será unha visita a unha emisora de radio e a grabación e posterior emisión do seu programa. Radiando igualdade desenvolverase ao longo das vindeiras semanas cos alumnos de 1º e 2º de ESO do colexio Sagrado Corazón.






















Ambas destacaron o impacto cultural do evento deste sábado en Lugo. A gala, presentada por Trisha Fernández e Federico Pérez, contará con actuacións de Xabier Díaz, Adufeiras de Salitre e Mondra.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



