CADERNOS DA VIAXE. DEUS NOS LIBRE DUN XA FOI
Hugo Chávez é desa caste de personaxes que non deixa ninguén indiferente, pois que as opinións adoitan ser de absoluta condena ou de adhesión haxiográfica inquebrantábel Mais dende Galicia haberíamos tentar unha visión desapaixoada e obxectiva, no canto de nos aliñar na ringleira dos “vivas” e “mueras”.
Non é certo que Chávez fose un ditador, porque o réxime venezolano segue a respectar as regras democráticas. Chávez perdeu claramente un referendo constitucional e gañou limpamente as últimas eleccións fronte ao candidato opositor e renovador Capriles (55% vs 44%), como recoñeceu o prestixioso Centro Carter. A liberdade de expresión, sobre todo a antichavista, está plenamente garantida: máis do 90% da audiencia televisiva pertence a grupos privados hostís ao Goberno.
Chávez mellorou substancialmente as condicións da cidadanía venezolana menos favorecida. Dende 1998 até o 2011 a pobreza baixou do 50% ao 31,5% e Venezuela constitúe xa a sociedade latinoamericana con menos diferenzas de renda entre ricos e pobres. Tamén é verdade que este labor foi extraordinariamente favorecido pola elevadísima suba do prezo do barril de petróleo (hoxe de 100 USD fronte aos 7 de 1998, cando asumiu Chávez por primeira vez) até o extremo de poder concluír que foi a burbulla petroleira a que financiou as melloras sociais, que corren grave risco de desaparecer cando se pinche esta burbulla.
Este maná petroleiro determinou tamén altos níveos de corrupción, nomeadamente residenciados nos altos cargos do Exército, nova elite venezolana. Por outra banda, a industria e a distribución comercial sufriron unha contracción importante que determinou o empobrecemento de milleiros de galegos emprendedores.
O chavismo tampouco foi quén de amañar os altísimos niveis de inseguranza cidadá de Caracas, semellantes aos das megalópoles de Sao Paulo ou México DF.
Sen a conxuntura favorábel do petróleo os éxitos sanitarios, educativos e sociais do chavismo non serían os que son. Mais hai que lle recoñecer a Chávez que foi quen de manter en democracia a adhesión popular ao seu proxecto. Un proxecto de construción dun socialismo á hispana, populista e caudillista, que é referente para moitos millóns de cidadáns iberoamericanos. Malia que a moitos de nós non nos seduza para o noso país.
Xoán Antón Pérez-Lema



















Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.
A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



