O 35 centros sen equipamento específico de videoconferencia poderán seguir as clases a través dese sistema instalando esta solución nos seus ordenadores.
Trátase da nova versión do software Ekiga, que incorpora melloras impulsadas pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica en colaboración coa Asociación Galega de Empresas de Software Libre.
Santiago, 10 de marzo de 2013.- As 35 aulas da Rede CeMIT sen equipo de videoconferencia poderán acceder aos cursos e actividades que se realizan a través deste sistema grazas á implantación nos seus ordenadores da nova versión do software de videoconferencia libre Ekiga, na que colaborou a Axencia para a Modernización Tecnolóxica.
Esta solución implantarase progresivamente durante o 2013, de xeito que, para acceder ao sistema de videoconferencia, simplemente será preciso que o ordenador das aulas estea conectado ao proxector e teña instalado o software Ekiga, unha webcam e uns altofalantes.
Para adecuar este software ás necesidades docentes das aulas, a Amtega, contou coa colaboración de AGASOL, que a través da empresa Igalia, desenvolveu novas funcionalidades de Ekiga.
O traballo desenvolvido por AGASOL para a Amtega consistiu en posibilitar que o software Ekiga puidese transmitir os datos multimedia de forma simultánea co vídeo remoto. Grazas a esta funcionalidade, os alumnos poderán ver no seu ordenador de xeito simultáneo tanto a imaxe do escritorio do PC do docente como a imaxe dese profesor que está a impartir a actividade desde outra aula.
As modificacións incorporadas no código fonte que se despregará nas aulas CeMIT pódese consultar no git do proxecto aloxado no Repositorio de Software Libre da Xunta de Galicia baixo a licenza GPL que segue o proxecto.
O proxecto Ekiga está dispoñible en galego grazas a labor dos voluntarios do Proxecto Trasno, unha comunidade aberta de voluntarios que se adican a traducir software libre ao galego desde o ano 2000.
Software libre nas aulas CeMIT
Cómpre destacar que os 1.300 ordenadores da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica (CeMIT) teñen instalado o sistema operativo libre. A rede conta con 98 aulas, presentes en 92 concellos nos que reciben formación gratuíta en novas tecnoloxías máis de 21.000 usuarios.






















A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
O sindicato denuncia a decisión unilateral da empresa de retirar días de descanso e implantar quendas que dificultan a conciliación. As concentracións serán nos centros de traballo de Foz (Uxío Novoneira s/n) e Ribadeo (Avda. Galicia 27). Lémbrase que non é unha folga e apélase á solidariedade da plantilla para defender as condicións laborais conquistadas.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
A viaxe, enmarcada no proxecto «Relevo Xeracional: O Futuro do Mar» e organizada en colaboración co GALP Itsas Garapen Elkartea, permitiu achegarse a iniciativas como Kofradia Basque Seafood, a Escola de Pesca de Ondarroa, AZTI, Albaola ou o Itsas Museo de Donosti, así como a proxectos vinculados directamente á actividade pesqueira e á divulgación, incluíndo o uso de realidade virtual. O intercambio con Euskadi permitiu coñecer modelos que combinan formación, investigación, transmisión do coñecemento e modernización do sector, contribuíndo a identificar novas vías para facilitar a incorporación da mocidade á actividade pesqueira e garantir a continuidade das comunidades costeiras galegas.
Os servizos sanitarios trasladaron ao hospital a tres persoas implicadas nunha colisión frontal en Castro de Rei. Unha delas tivo que ser excarcerada polos Bombeiros de Vilalba. Contra as 11:15 horas deste martes, un particular informou ao 112 Galicia dun choque entre dous vehículos no quilómetro 71 da N-640, á altura da parroquia de Viladonga. Desde o punto, os alertadores sinalaron que unha persoa permanecía atrapada. Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias activouse un operativo no que participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros liberaron á persoa, que foi trasladada xunto con outros dous feridos ao hospital en ambulancia.



