Lugo, 14 de marzo 2013. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobará, na súa reunión de mañá venres, a convocatoria para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a gastos correntes do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) básico para os concellos con menos de 20.000 habitantes da provincia. Así o anunciou o vicepresidente da institución e delegado de Benestar Social, Antonio Veiga, quen explicou que a contía total que se destinará a esta liña de axudas ascende 650.000 euros, un 28 por cento máis con respecto a 2011.
“Esta medida – afirmou o vicepresidente do ente provincial- encádrase na estratexia de Goberno da Vicepresidencia, centrada na aprobación de medidas que garantan os servizos sociais nos concellos de menos de 20.000 habitantes aos que o Goberno galego deixou sen SAF básico coa aprobación do Decreto de servizos sociais e comunitarios polo que non financia dito servizo nestes concellos, é dicir, en todos agás o de Lugo. Este investimento deixa en evidencia que gobernos apostan polas persoas do rural e o seu benestar preservando os seus dereitos e cales non o fan. Fronte a Xunta e o Goberno central, preocupados polo déficit público e centrados na privatización da sanidade e da dependencia, a Deputación lucense ten no seu eixo de actuación as políticas sociais. As medidas da Área de Benestar Social son diametralmente opostas ás dos executivos populares”.
Neste senso, Antonio Veiga aproveitou para pedir á Xunta que habilite liñas de axuda para os concellos con menos de 20.000 habitantes para evitar que o custe do mantemento do servizo recaia nos usuarios e usuarias do SAF básico xa afogados pola suba de impostos, o repagamento farmacéutico e determinados servizos sanitarios. Lembrou, tamén, que “o Goberno galego adebeda á provincia de Lugo máis de dous millóns de euros en concepto de políticas de benestar”.




















Os traballos, cun orzamento de case 190.000€, afectan aos catro primeiros quilómetros da vía. Habilitaranse desvíos alternativos, que estarán debidamente sinalizados.
Foi impartida polo sumiller Alberto Vega. A Masterclass buscou aportar coñecemento, fomentar a posta en valor do produto e seguir reforzando a formación e profesionalización do sector dentro da programación de Ribadeo Sabe. Ata a Praza de Abastos se achegaron o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, a concelleira de Comercio, Marta Saiz, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez. O Ribadeo Sabe terá lugar do 14 ao 17 de maio en 22 locais hostaleiros, que ultiman os preparativos para sorprender con elaboradas e saborosas propostas.
Esta nova publicación, que fai o número 19 da colección periódica do SEVA, recolle unha parte esencial do patrimonio musical e oral do Valadouro. Os compiladores da obra son Manuel Lourenzo —xa falecido—, Isaac Ferreira e Xesús Pisón, quen contribuíron a preservar e poñer en valor este legado cultural.
De 12:30 14:00 horas no CEIP Juan Rey farán actividades e demostracións. E de 18:00 a 21:00 horas na Praza do Concello haberá unha exposición estática e mini relevos. O Concello de Lourenzá destaca que é “unha oportunidade única para coñecer de preto o labor da Garda Real. Animámosvos a participar!”.
Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.



