Cervo, 14 de marzo de 2013-A edil de Obras do Concello de Cervo, Pilar Armada, volveu reiterar hoxe que as obras de arranxo do firme na rúa Concepción Arenal están “previstas e contratadas”. A concelleira lamentou que o PSOE “non entenda que as condicións meteorolóxicas non foron as axeitadas para realizar eses traballos”.
Armada explica que “o que si se fixo nesa zona, porque o tempo o permitía, foi cambiar unhas baldosas da beirarrúa, pero ese era un arranxo independente”. Armada lamentou que “os socialistas se limiten a dar un paseo de vez en cando por catro rúas e pensen que con iso xa se pode facer oposición”.
A edil engade que “botamos en falta que o PSOE cervense traballe para conseguir financiamento e axudas da Deputación para o Concello de Cervo de forma que nos sexa máis doado arranxar todas as estradas do municipio”. De feito, “o normal sería que nalgún momento notásemos que a vicepresidenta segunda da Deputación é de Cervo”, aínda que polo momento “as axudas seguen marchando cara outros concellos”. A concelleira asegura que “en todo este tempo recibimos máis críticas destrutivas que axuda por parte dos socialistas”. “Se todas as denuncias que fan se convertesen en achegas económicas, seriamos o concello máis rico de Galicia”, remata Armada.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



