Celeiro (Viveiro), 19 de marzo de 2013.- A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, destacou hoxe a incorporación dun novo produto turístico, o Turismo mariñeiro, que ven a sumarse a ampla oferta de experiencias turísticas a través das que a Xunta de Galicia promociona a Mariña lucense como xeodestino.
Na presentación deste produto, Arias destacou o seu “carácter innovador e integrador de numerosas experiencias”, xa que permite desfrutar das praias e a gastronomía local, pero achegándose ao mesmo tempo aos oficios relacionados co mar, como o labor das redeiras ou a construción de barcos.
A delegada indicou que “para alcanzar a excelencia no turismo é preciso innovar, como neste caso, introducindo no mercado novos produtos e servizos”. Paralelamente, engadiu, “deben desenvolverse novas formas de venda, e nesta liña traballa Turismo de Galicia, deseñando paquetes temáticos baseados en xeodestinos, isto é, ofrecendo ao turista experiencias únicas en espazos singulares da nosa comunidade”. Neste produto, colabora tamén a Consellería do Medio Rural e do Mar, xunto co Grupo de Acción Costeira A Mariña-Ortegal.
Ao respecto, explicou que o Turismo Mariñeiro “é un dos des produtos cabeceira de marca elaborados a partir dos recursos existentes en Galicia”. Polo que respecta á Mariña, incidiu, “figura tamén dentro do produto Faros e praias salvaxes, sen esquecer a promoción do Camiño do Norte ou dos espazos naturais que están dentro do produto Bosques de Galicia na Mariña”. Igualmente, destaca a aposta polas rutas da artesanía, en colaboración coa Mancomunidade de Municipios da Mariña.
Arias lembrou que o turismo xera unha actividade económica en Galicia que ascende a 6.138 millóns de euros, o que representa o 10,6% do noso produto interior bruto. “É un peso importante –aseverou- pero dende a Xunta de Galicia cremos que aínda queda moito potencial por explorar e por iso continuamos traballando, xunto cos axentes implicados e as demais administracións, para aumentar a nosa presenza no mercado turístico nacional e internacional”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



