O Museo do Mar de San Cibrao acolle unhas actividades para nen@s para a Semana Santa. Serán tres obradoiros os días 26, 29 e 30 de marzo. Os dous primeiros están dentro do programa “Enrédate” da Rede Museística da Área de Cultura da Deputación Provincial de Lugo. O do día 26 titúlase “Peque fotógrafos” e o do día 29 “Arriba periscopio” e estarán impartidos por Paula Cabaleiro e Elisa García Ospina respectivamente. O sábado 30 e xa dentro do programa “Obradoiros de creatividade” realizarase o chamado “Decorando ovos de Pascua”. As actividades van dirixidas a nen@s de entre 4 e 14 anos coas súas familias e coma sempre con inscrición de balde.





















Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.



