A vicevoceira provincial socialista, Pilar García Porto, subliñou que “Feijóo, que recoñeceu ser coñecedor do que estaba a suceder coas preferentes de Novagalicia Banco, nada fixo para que os 14.000 lucenses estafados a sabendas do propio Presidente da Xunta de Galicia recuperen os aforros de toda unha vida. Feijóo non tivo en conta nin a situación que sofren os miles de afectados por estas participacións, nin as súas reiteradas reclamacións, así como tampouco atendeu as peticións dos seus compañeiros de partido, nin as de institucións como á Deputación de Lugo que o instou, tras aprobar unha moción deste Goberno Provincial en Pleno, a facer as xestións necesarias e a poñer en marcha os mecanismos legais oportunos para que os aforradores lucenses estafados recuperasen o 100% dos seus aforros”.
Isto amosa, segundo remarcou a vicevoceira socialista, que “Feijóo non escoita nin ós veciños, malia as masivas manifestacións celebradas por todo o territorio galego, nin ós seus propios Alcaldes, que esta semana apoiaban á Plataforma Preferentes Lugo nun acto na Deputación, nin ás institucións con representación cidadá, dando o silencio por resposta ou impoñendo a súa maioría absoluta ó actuar de xeito unilateral”.
Outro exemplo: os hospitais
García Porto destacou que outro claro exemplo da imposición de Feijóo é a creación dunha área sanitaria de xestión integrada en Lugo. “O Presidente da Xunta tamén neste caso impuxo a súa maioría absoluta, ignorando a milleiros de veciños, facultativos, Alcaldes ou á Deputación. A Feijóo non lle importa que 120.000 lucenses, usuarios dos Hospitais da Costa e de Monforte, teñan agora que desprazarse máis 100 quilómetros ata a capital luguesa para contar con diferentes especialidades sanitarias. Pero non con todas porque Feijóo tampouco vaia dotar a esta provincia, a pesares das reclamacións de miles de cidadáns e porque así o decidiu de xeito unilateral, dun servizo de Hemodinámica as 24 horas do día, como tampouco vamos a ter Radioterapia, Medicina Nuclear ou Cirurxía Pediátrica. Feijóo prefire que nos despracemos a outras provinciais galegas, poñendo en risco a nosa saúde e facendo que para os lucenses a sanidade sexa máis custosa e menos universal” .



















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



