Un centenar de persoas participaron na charla-coloquio sobre a Lei de Montes de Galicia organizada polo Concello de Lourenzá para conmemorar o Día Forestal Mundial e que correu a cargo do subdirector xeral de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, Miguel Ángel Cela. A alcaldesa de Lourenzá, Emma Álvarez Chao, destacou que “é unha satisfacción que acuda tanta xente ás charlas mensuais que vimos organizando dende o mes de novembro, incluso soe haber algúns que veñen de concellos próximos. Isto anímanos a instauralo no tempo tratando de buscar temas que susciten interese entre os veciños e veciñas de Lourenzá e inclusive onte animeinos a que propuxeran temas para tratar de desenvolver nestas charlas mensuais”.






















Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



