O Burela Pescados Rubén liquidou con autoridade o compromiso ante UA Alicante ao que endosou un inapelable 8-0. Con esta vitoria, a escuadra laranxa mantén o pulso polo título co Atlético de Madrid que venceu por 3-2 ao Roldán.
O conxunto mariñán impartiu un curso de pesca á escuadra mediterránea xa que, sorprendentemente, as burelesas cederon desde o inicio a iniciativa do xogo ás visitantes que picaron o anzuelo sen dubidar. O Burela Pescados Rubén aproveitou os espazos e golpeou sen compaixón. A lección táctica deseñada por Javier Pardeiro comezou a xerar os seus froitos por mediación de Dany que abriu o marcador, minuto 3, e Maite que situou o 2-0, minuto 6, cunha preciosa vaselina. A boa disposición defensiva do Burela minimizaba a posesión universitaria que se estrelaba continuamente contra o muro laranxa e Jozi. As burelesas esperaban con paciencia unha nova ocasión e Peque soltou o zarpazo que minou a moral do Alicante. No minuto 17, roubou un balón en zona alta e sen vacilar bateu a Sonia para establecer o 3-0 co que se chegou ao descanso. Na continuación, o Burela Pescados Rubén continuou madurando ao seu rival e de novo apareceu Peque para marcar o 4-0 nunha contra. O Alicante aínda que non se rendeu, buscou con desesperación unha reacción co xogo de cinco. A seriedade laranxa propiciou que o último cuarto do partido resultase un festival de xogo e goles. Dany, Lidia, Peque e Maite completaron a goleada (8-0) que brindaron á súa afección.
Ficha técnica
Burela Pescados Rubén: Jozi, Lucía Nespereira, Haydee, Peque y Lidia Mesía –cinco inicial – Dany, Maite, Dolo, Lara, Paula e Silvia.
U.A. Alicante: Sonia, Mónica, Noelia, Sofía Vieira, Andrea –cinco inicial- María Molina, Susana, Paula, Txitxo e Sara.
Goles: 1-0, m.3, Dany; 2-0, m.6, Maite; 3-0, m.17, Peque; 4-0, m.23, Peque; 5-0, m.31, Dany; 6-0, m.34, Lidia Mesías; 7-0, m.36, Peque; 8-0, m.37, Maite.
Árbitros: Valdés Urraca e Valdés Urraca. Asturias
Incidencias: Encuentro disputado no pavillón Vista Alegre de Burela. 400 espectadores.



















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
