O Burela FS Pescados Rubén B conseguiu tres puntos moi traballados na visita do Pazos de Borbén. Despois dunha primeira parte sen garra, os pupilos de Lucas repuxéronse do 0-1 en contra e atoparon a clave do gol nos últimos seis minutos para rematar 4-1.
A escasa enerxía inicial e os desaxustes ofensivos condicionaron o transcurso do primeiro período, fronte a un rival que se dedicou a buscar o perigo á contra. Precisamente así foi como, no minuto 10, o Pazos de Borbén se puxo por diante grazas a Jacobo. Tras o gol, a pesar de que o filial dominaba non creaba perigo, coa versión oposta do Pazos, que dispuxo de numerosas ocasións.
Con 0-1, o Burela FS B volveu tras o descanso con máis intensidade, aínda que tamén coa sombra das imprecisións en ataque; os mariñáns continuaron co dominio e o Pazos coas mellores ocasións, de novo ante o muro de Brais. A finalización laranxa fíxose esperar; a seis minutos por fin chegou o empate, tras unha boa xogada colectiva que culminou Antón. Un minuto máis tardes o de Fazouro volveu perforar a meta rival, tras un roubo en primera liña de presión de Manu. Fabio ampliou a vantaxe no 38, tras un contragolpe. O 4-1 definitivo subiuno Manu ao luminoso, no 39, fronte ao xogo de cinco dos de Borbén.
Ficha técnica
Pazos de Borbén: Bizza, Jacobo, Lito, Santi e Jony. Tamén xogaron Esteban, Marcelo, José, Borja e Luis.
Burela FS B: Brais, Bruno de Nois, Fabio, Antón e Keko. Tamén xogaron Carlos, Souka, Xoia e Manuel.
Goles: 0-1, minuto 10, Jacobo; 1-1, minuto 34, Antón; 2-1, minuto 35, Antón; 3-1, minuto 37, Fabio; 4-1, minuto 39, Manu
Árbitros: Corrochano Ibáñez e Dans Rey




















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
