NOTA DE PRENSA
O deputado popular asegura que Jose María García Rivera minte ou está desinformado se pretende confundir aos veciños deste municipio afirmando o contrario: Non existen partidas específicas para este fin nas contas autonómicas que impuxeron PSOE e BNG para 2009
OS ORZAMENTOS DA XUNTA ELABORADOS POLO BIPARTITO NON CONTEMPLAN UN SÓ EURO PARA A CONSTRUCIÓN DUN NOVO AUDITORIO EN FOZ
• Socialistas en nacionalistas impediron, no seo do Parlamento de Galicia, que prosperase a emenda do PPdeG que reclamaba a achega de 600.000 euros para o proxecto de construción desta nova infraestrutura cultural.
A Mariña, 08 de maio de 2009.- Os orzamentos da Xunta de Galicia para 2009 elaborados polo anterior Executivo bipartito non contemplan ningunha partida específica para a construción dun auditorio no termo municipal de Foz. Con esta contundente afirmación o parlamentario mariñán do PPdeG, Jose Manuel Balseiro Orol, desminte as afirmacións efectuadas polo rexedor municipal de Foz, Jose María García Rivera, quen afirmaba todo o contrario nunhas declaracións reflectidas no día de hoxe pola prensa comarcal.
O PSOE VOTOU EN CONTRA
A maiores, o deputado popular clarexa que foi o propio Grupo Socialista xunto co Bloque Nacionalista Galego quen coa súa posición contraria impediu que prospera unha emenda do Partido Popular dirixida a incluír a construción desta nova infraestrutura cultural en Foz nos orzamentos do presente ano. Isto é foron os propios compañeiros do señor Rivera en Santiago, xunto cos nacionalistas, os que na pasada lexislatura impediron que as contas oficiais da Xunta contemplasen esta actuación. Son eles, os do PSOE os responsables de que hoxe os veciños de Foz non poidan contar cun novo auditorio.
EMENDA DO PPdeG PARA O NOVO AUDITORIO
Para fundamentar esta afirmación Balseiro Orol ofrece copia da relación de emendas rexistradas polo Grupo Parlamentario Popular fronte ás contas autonómicas do 2009 da Consellería de Cultura. Nelas aparece expresamente a solicitude de achega de 600.000 euros para este concepto. En resume, “García Rivera ou mente ou está desinformado e pretende confundir aos veciños e veciñas do municipio

















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



