O ALCALDE DE FOZ ACUSA Á OPOSICIÓN DE VOTAR EN CONTRA DO ORZAMENTO MUNICIPAL PARA QUE O CONCELLO TEÑA DIFICULTADES. ISTO IMPLICA QUE CORRAN RISCO AS NOVAS SUBVENCIÓNS, A APLICACIÓN DA RPT, O PLAN XERAL, A COMPRA DE TERREOS E OUTRAS ACTUACIÓNS QUE SE CONTEMPLABAN NO PROXECTO PRESUPOSTARIO.
Foz, 12 de abril de 2013. O alcalde de Foz, o popular Javier Jorge Castiñeira, acusa aos grupos de oposición de votar en contra do orzamento municipal para este ano no pleno celebrado onte porque pretenden que o Concello teña dificultades.
Castiñeira explicou esta mañá que “novamente, e levamos practicamente dous anos no mesmo sentido, a oposición volve bloquear as propostas do goberno, neste caso algo tan importante como son os orzamentos do ano 2013, os orzamentos dun Concello nunha situación económica difícil e complexa, que evidentemente necesitaban do apoio dos grupos da oposición e non conseguimos ese apoio a pesar de celebrar varias xuntas de portavoces nas que o grupo de goberno foi o único que fixo un esforzo de diálogo e para achegarse ás pretensións da oposición. Pero fomos os únicos que quixemos ceder e cando se formula unha negociación eu entendo que deben ceder todas as partes, neste caso só cedía o grupo de goberno”.
O rexedor municipal focense engadiu que “por parte da oposición a intención era clara de non aprobar os orzamentos, ata o punto de que o grupo de goberno cambiou a súa opinión con respecto á aprobación da Relación de Postos de Traballo (RPT) na que era clara a nosa posición de que non correspondía este ano esa subida, pola situación económica do Concello e porque así o di a legalidade. Pero facíamos esa cesión e tamén a do plan de emprego, co cal nosoutros tampouco estábamos de acordo. Dúas pretensións que eran máis de 200.000 euros nuns orzamentos que presentábamos con 130.000 euros menos que o ano pasado e nunha situación complexa. A pesar de facer esas cesións, que eles fixeron públicas durante estes últimos meses, atopámonos cos votos en contra dunha oposición cuxo obxectivo é que o Concello teña dificultades”.
Javier Castiñeira tamén explicou o que ocorre agora: “prorrogaranse os actuais orzamentos e seguiremos como estábamos. Nós, desde logo, preferíamos ter uns orzamentos actualizados, pero isto é o que pretende a oposición. Así o fixo no seu día co plan de pago a provedores, o que nos está provocando unha situación grave de tesourería, unha tensión na liquidez do Concello porque vamos ter que devolver un millón de euros nun ano, precisamente por isto, porque no pleno estes señores se dedican a bloquear ó Concello. Volvemos ao mesmo, o que é penoso. Pero nós, dende logo, vamos seguir adiante. O que ocorreu onte entraba dentro das posibilidades e como consecuencia todo aquilo que estaba previsto na nosa proposta de orzamento, como a subvención para a asociación de axuda a discapacitados de cerca de 7.000 euros; a de 1.000 ao club de tenis, que non a tiña; a ampliación da RPT aos traballadores corre risco e incluso tamén o plan xeral, porque ía unha partida orzamentaria para o seu pagamento; ía outra para o pago de terreos para a depuradora, o castro de Lelle ou calquera outro que faga falta. Todo isto ía nos orzamentos novos e todo isto vense abaixo, polo que traballaremos cuns orzamentos prorrogados. Espero que despois non se queixen o resto dos grupos de que haxa modificacións de crédito porque efectivamente estamos a falar duns orzamentos prorrogados do ano 2012 e agora estamos no 2013, nunha situación completamente distinta”.
O alcalde considera que “a oposición segue erre que erre comandada por un grupo independente, Unifoz, que é o que hoxe en día está mandando na oposición, porque o grupo socialista segue detrás; a pesar de ser máis votado segue á cola da oposición, non está exercendo como verdadeiro líder e como ex gobernantes, sabendo cales son os problemas do goberno dun Concello. Nosoutros confiábamos na sensatez sobre todo do grupo socialista, porque o BNG está perdido nun neocomunismo desproporcionado e Unifoz obedece a un obxectivo particular do seu portavoz e o resto practicamente non opina”.
“Esta é a situación do Concello de Foz, pero nós seguimos coa mesma ilusión, porque isto estaba dentro do previsto e tiraremos para diante con estes orzamentos prorrogados. Ninguén pode dicir que non fixemos o esforzo, esa era a nosa obriga e así o fixemos”, rematou Castiñeira.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



