A segunda edición do Concurso de Tapas Casco Histórico de Viveiro serviu un total de 6.714 tapas en toda a fin de semana. A mellor tapa, que era a que votaba o público, foi a do Restaurante Casa Pepi (na fotografía) co seu “Solomillo al vino tinto”, conseguindo un 38 por cento dos votos. Seguido do Bar Normandy e o seu “Pulpo a la italiana” e o Mesón O Recuncho con “Mar de Cores”. En canto ás categorías votadas polo xurado, a mellor presentación foi para La Fragata coa súa tapa “Especial Fragata”, aínda que estivo moi reñida coa tapa do Restaurante O Muro e o seu “Espárrago Rock”. A categoría de mellor tapa tradicional cun toque innovador foi para o Mesón Xoquín e a súa tapa “Te conozco bacalao aunque vayas disfrazado”. Ademais, o cliente agraciado co premio do concurso é Jorge Mariño Guerreiro, que gaña 150 euros ó ter un mínimo de 6 casillas seladas.























Estes servizos sumaranse aos que xa permanecen abertos habitualmente, como os do parque Pernas Peón. O Día das Tortillas, que se celebra o domingo anterior ao Domingo de Ramos, reúne cada ano a veciños e visitantes en varios espazos do municipio. Con esta medida, o Concello busca facilitar o desfrute da xornada e mellorar a comodidade das persoas asistentes. Desde o Concello de Viveiro lémbrase tamén a importancia de facer un uso responsable das instalacións públicas, de manter limpos os espazos naturais e de respectar as n
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.



